InicioCULTURAMáis dun centenar de autores e unha vintena de librarías daranse cita...

Máis dun centenar de autores e unha vintena de librarías daranse cita nos próximos dez días na Feira do Libro

Publicada o

Por europapress

A Feira do Libro da Coruña abriu as súas portas este martes co pregón da poeta Doures Tembrás. Durante dez días, máis dun centenar de autores, sete editoriais e máis dunha vintena de librarías participan neste evento, que conta con 32 casetas e dúas carpas para actividades.

No seu discurso, Tembrás fixo fincapé “no poder da cultura e tamén na súa fraxilidade” e destacou a “urxencia imperiosa de coidala”. “A cultura precisa compromiso e a súa falta embaza esta celebración”, lamentou.

Na inauguración, o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, sinalou que a cultura en Galicia atópase “nun bo momento” desde a perspectiva do consumo e produción de industrias culturais. “O ano pasado en comparativa con 2021, o incremento na edición de libros en galego foi superior ao 8 % e as vendas creceron case un 6 %“, puntualizou, tras lembrar que Galicia é a comunidade autónoma con “maior número de librarías por habitante”.

Tamén participaron neste acto de apertura, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a deputada provincial Avia Veira, quenes coincidiron en resaltar que a Feira do Libro da cidade herculina é “un dos eventos máis importantes da literatura en Galicia” por achegar á cidade “o maior talento literario do momento”.

Doutra banda, o presidente da Federación de Librarías de Galicia, Ramón Domínguez, destacou desta edición número 52 a súa programación “ampla, variada e de calidade” e fixo un chamamento “a todas e cada unha das administracións” a facer unha reflexión “sobre a necesidade de dar estabilidade e continuidade” a este tipo de feiras.

A Feira do Libro da Coruña combinará firmas de exemplares, presentacións, mesas redondas e actividades para toda a familia en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.30 a 21.30.

ÚLTIMAS

(VÍDEO): Desaloxan varios colexios da Coruña tras recibiren sendas falsas ameazas de bomba

Mañá axitada en varios colexios da cidade. Os CEIP Zalaeta, CEIP Raquel Caamacho, o...

Máis dun centenar de obras preséntanse aos Premios Mestre Mateo, con entrega de galardóns en febreiro

Un total de 155 obras presentaron candidatura aos XXV Premios Mestre Mateo, cuxa gala...

A Coruña aposta por un Nadal “sustentable e responsable” nunha nova edición da Casa dos Xoguetes

O Concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC),...

O coruñés Daniel Agra regresa ao India Photo Fest con catro fotografías

O artista galego Daniel Agra presenta catro fotografías da súa serie Tesseract Daydreams no...