InicioCULTURAChegou por fin o cartel do Festival Noroeste

Chegou por fin o cartel do Festival Noroeste

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Chegou, por fin, a apenas 6 días do comezo, o cartel do 36ª Festival Noroeste Pop-Rock. Esta mañá de xoves 3 de agosto o Concello presentaba a programación que encherá a cidade de música do 9 ao 12 de agosto.

Semella que algún problema houbo con algún “artista sorpresa” (o cartel foi completado o venres coa contratación de 2ManyDjs) que manterá a a incógnita ata o último momento, pero o exitoso formato expandido, tan positivo para a cidade, manterse en parte, pois ademais do escenario principal da praia de Riazor, haberá tamén concertos en Santa Margarida e no Porto de Batería, ademais de numerosas prazas como o Campo da Leña, Azcárraga, a Fundación Luis Seoane, a Cormelana, o castelo de San Antón e o teatro Colón.

Ás bandas como Primal Scream que xa coñeciamos só a través de filtracións á certos medios (que avanzaba a nova falsa da actuación de Zara Larsson) hai que sumarlle outros como Lori Meyers, La M.O.D.A., Arde Bogotá, Iseo & Dodosound, Rayden, Mala Rodríguez, Bala, Fatoumata Diawara, Ana Tijoux, The Rapants, Sabela…

Presentación do festival

 

HORARIOS E ESPAZOS do FESTIVAL NOROESTE 2023

Mércores 9

  • no Parque de Santa Margarita: Iseo & Dodosound.
  • no Peirao de Batería: La M.O.D.A e Rayden.
  • no Castelo de San Antón: Silvia Penide.

Xoves 10

  • no Parque de Santa Margarida: Pongo e Sabela Ramil.
  • no Peirao de Batería: Arde Bogotá e a Mala Rodríguez
  • En Azcárraga: Lee Fields (ex Kool & The Gang)

Venres 11

  • En Azcárraga: Brais Morán & Nasafunk
  • na praia de Riazor: Parov Stelar e artista sorpresa

Sábado 12

  • na praia de Riazor: Primal Scream e Lory Meyers.

ÚLTIMAS

Como compatibilizar o lecer nocturno co benestar da veciñanza da Coruña?

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta tarde a segunda reunión da mesa...

Referentes nacionais pídenlle ao Dépor que por fin sexa “da Coruña”

Segue medrando a iniciativa do movemento Aquítaménsefala por cambiarlle o topónimo ao Dépor. "O...

A Autoridade Portuaria exporá as conclusións do proceso participativo do Coruña Marítima este venres ás 9:30h

O venres 9 de maio, ás 9:30h no Espacio Avenida do Cantón Grande da...

“O Consello da Memoria Democrática leva 4 anos sen se convocar”

Como recordou hai apenas un par de semanas a Asociación pola recuperación da Memori...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here