InicioSOCIEDADESuspendida a vista pola posible posta en liberdade dos policías acusados da...

Suspendida a vista pola posible posta en liberdade dos policías acusados da morte de Diego Bello

Publicada o

Por europapress

O tribunal encargado de levar a cabo o xuízo contra os tres policías filipinos acusados de asasinar o coruñés Diego Bello, en xaneiro de 2020, decretou a suspensión da vista prevista para este luns na que se ía a estudar a peticion dos axentes de saír en liberdade baixo fianza, á espera do inicio do proceso.

Así o informa a familia do mozo coruñés en base á notificación trasladada polo tribunal, que sinala que se está á espera de que a Corte Suprema do país decida sobre a petición da familia de Diego de que se traslade o xuízo a un tribunal da capital, Manila, “para unha maior dilixencia na tramitación do caso”. O tribunal de Dapa, ao sur do país, xurisdición onde se produciron os feitos, na illa de Siargao, non entra a valorar a petición dos policías e apraza a vista ata coñecer a decisión da Corte Suprema.

Nun comunicado, a familia lembra que “a lei filipina prohibe textualmente a concesión de liberdade baixo fianza a acusados en casos de asasinato como este, dándose, ademais, a circunstancia de que os policías estiveron prófugos da xustiza do seu país durante dez meses antes de entregarse voluntariamente en marzo deste ano”. Os tres tamén están acusados de falsificar probas “para xustificar a morte de Diego Bello”, apuntan.

ÚLTIMAS

A Coruña impulsa unha residencia literaria con coidado infantil para nais escritoras

O Concello da Coruña vén de anunciar a apertura do prazo para optar á...

Investigadores da UDC e do Instituto Leibniz desenvolven un bioplástico autorreforzado para envases sustentables

O Grupo de Polímeros do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI),...

O Concello da Coruña abre o prazo para optar á primeira Residencia de Conciliación para nais escritoras

O Concello da Coruña abre este sábado, día 3, o prazo para optar á primeira Residencia...

CC.OO. rexeita a universidade privada que promove Cesuga na cidade

CC.OO. rexeita o proxecto de universidade privada para A Coruña presentado polo Centro de Estudos Superiores...