InicioCULTURAO administrador de Sargadelos condiciona a apertura do Museo Maside tras pedir...

O administrador de Sargadelos condiciona a apertura do Museo Maside tras pedir Sada que se declare BIC a fábrica

Publicada o

Por editor

O administrador único de Sargadelos, Segismundo García, condicionou a apertura do Museo Carlos Maside (reaberto en xullo) tras aprobarse no pleno de Sada unha iniciativa reclamando que a declaración de Ben de Interese Cultural do mesmo esténdase á fábrica e afecte a todo o complexo industrial.

Nun comunicado, o empresario asegura que “se paralizan as obras xa empezadas, anúlanse os investimentos programados, se resciden os convenios co concello e péchase ao público o Museo Sargadelos-Carlos Maside”. “Abríndoo soamente os días e horarios que a Xunta dispoña e se hai persoal para a súa atención”.

Na carta remitida ao consistorio, tras a moción aprobada no pleno do pasado 31 de agosto, rexeita catalogar como BIC todo o conxunto do Castro. “A súa ignorancia en asuntos mercantís é enciclopédica”, sinala nunha misiva con críticas ao BNG e ao alcalde, Benito Portela, de Sadamaioría.

“As empresas deben ser áxiles na toma de decisións e na adecuación das súas instalacións aos novos procesos produtivos”, recalca o administrador único de Sargadelos. Ademais, sostén que a declaración BIC de todo o complexo “é un impedimento formidable porque nos fai depender doutros catro departamentos administrativos e burocráticos (a parte do concello, deputación, industria, sanidade), ao que non estamos dispostos”, apostila.

RESPOSTA DO CONCELLO

Pola súa banda, o alcalde de Sada, Benito Portela, afirma, nun comunicado, que a Xunta “non debe permitir o peche do Museo” e que deberá esixir “o acceso da cidadanía a un equipamento cultural único”. Tamén incide en que o pleno do Concello aprobou, por terceira vez, solicitar a declaración BIC “de todo o conxunto de cerámicas do Castro, como integrante no proxecto, tanto no plano empresarial-cultural de Isaac Díaz Pardo e Seoane como arquitectónico de Fernández Albalat”.

“A funcionalidade produtiva e de usos delimitada no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) pode manterse coa cualificación BIC do conxunto do complexo”, incide. Mentres, lembra que en 2017 aprobouse definitivamente a PXOM de Sada e que se incluíu unha modificación ao documento de aprobación inicial e clasificouse o chan da fábrica “como chan urbano, uso industrial, garantindo a actividade do complexo e a conservación dos postos de traballo”.

ÚLTIMAS

Arrinca o concurso de Tapas Picadillo e a V Ruta de Tapas e Pintxos de Galicia

Tempos gastronómicos estes de outono na cidade. Por un lado comeza a XXII edición...

As festas no Ventorillo aproveitan a ponte

Tralas festas do Rosario da Cidade Vella, tócalle tomar o relevo á AVV Ventorrillo....

A Coruña garda un minuto de silencio por Maricarmen, convertida en símbolo da loita pola vivenda

Decenas de persoas asistiron na praza de María Pita ao minuto de silencio convocado...

Reaccións ante o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Morreu Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela 1936- Brión 2026)., un dos grandes políticos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here