InicioA CORUÑANaturgy crea o primeiro proxecto en España para acelerar a descarbonización do...

Naturgy crea o primeiro proxecto en España para acelerar a descarbonización do transporte

Publicada o

Por monchomarino

Naturgy impulsa o primeiro proxecto de BioGNL en España, en concreto na Coruña, para acelerar a descarbonización do transporte, segundo informa.

O BioGNL é biometano, un gas renovable producido a partir da valorización de residuos, que neste caso se licua para transportalo ata o consumidor final, un proceso que a compañía cualifica de “fundamental” para impulsar a descarbonización do transporte.

Para iso, a compañía informa que xa asinou o primeiro contrato de compra a longo prazo de gas renovable en estado líquido. O acordo levará a compra dunha produción de 25 GWh anuais de BioGNL obtido na planta de valorización de residuos de Sologas nas Somozas, cuxa entrada en operación está prevista para finais de 2023.

ADDSynergy, do Grupo Pietro Fiorentini, será a empresa encargada da implementación dun proceso “que permitirá obter de forma integrada BioGNL e CO 2 líquido para conseguir a captura de CO 2 e o incremento de calidade do BioGNL”.

Esta captura concederá unha intensidade de carbono negativa ao produto, “o que supón un fito moi relevante para cumprir cos obxectivos de descarbonización comprometidos por España”, sinala a empresa.

ÚLTIMAS

O litoral da Coruña permanecerá en aviso amarela por vento este fin de semana

O litoral da provincia da Coruña permanecerá este fin de semana en aviso amarelo...

FAVA reclama á Xunta unha fase de exposición pública do novo mapa do transporte metropolitano

Incide de novo na lamentable situación do transporte metropolitano a Federación de Asociacións Veciñais...

Absolta unha médica do Chuac condenada a cárcere por consultar o historial clínico dunha compañeira

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) absolveu unha médica do complexo hospitalario...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here