InicioECONOMÍAObter o certificado de eficiencia enerxética para poñer á venda ou alquilar...

Obter o certificado de eficiencia enerxética para poñer á venda ou alquilar unha vivenda na Coruña custa 120 euros de media

Publicada o

Por editor

Hoxe en día vender ou alquilar unha vivenda non é tan sinxelo como o era fai uns anos. Pídense moitos máis requisitos (papeleo, á fin e ao cabo) e, entre eles, a coñecida certificación enerxética. Que ven a ser? Pois a cualificación do consumo e emisións dun inmoble situándoo nunha escala que vai dende a letra ‘A’ (maior eficiencia) ata a ‘G’ (menor eficiencia) en función das súas características e equipamento. Esta determinación tamén é precisa para outros trámites, como acceder a axudas destinadas á mellora desa eficiencia dos fogares ou para ter dereito a deducións fiscais.

Pero como todo nesta vida, obter dita certificación non é algo gratuíto, senón que hai que pagar a un profesional, coñecido como certificador, autorizado pola comunidade. Este debe acceder ao inmoble a cualificar para inspeccionar diversos aspectos como o sistema de produción da auga quente, a calefacción, a refrixeración, a ventilación… para poder obter un veredicto tendo en conta o consumo requirido pola vivenda para satisfacer toda esa demanda enerxética en condicións normais de ocupación e funcionamento, así como para estimar cal é a emisión de dióxido de carbono (kilogramos de CO2 por metro cadrado ao ano) á atmósfera.

Unha vez emitido o certificado, a cousa non acaba aí, pois para que este sexa efectivo é necesario rexistralo ante a comunidade autónoma na que estea situado o inmoble, para poder obter a etiqueta enerxética oficial e definitiva. Como se fai isto? Hai técnicos que inclúen este trámite no prezo, pero é algo que tamén pode inflar o importe a pagar. De feito, hai comunidades nas que este rexistro é gratuíto (Andalucía, Aragón, Canarias, Madrid, Navarra e País Vasco), pero non por eso os certificadores baixan o prezo.

No caso de Galicia, levar a cabo este rexistro ten un custe módico de 13 euros, que non é pouco, pero podería ser peor. Entre as autonomías que pagan polo rexistro do certificado, é a cuarta co prezo máis baixo, sendo a máis barata Baleares (9,52 euros) e a máis cara Castela e León (29,10 euros), tal e como se extrae dos datos publicados pola Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) na súa revista do mes de setembro.

No mesmo estudo, aparece o prezo medio que cobra un certificador por tasar a eficiencia enerxética dunha vivenda na cidade da Coruña: 120 euros (107 en realidade se lle restamos os 13 euros do rexistro ante a comunidade autónoma que pode estar incluído na factura). En comparación coas capitais de provincia do resto de España non é un dato desproporcionado, situándose no medio da táboa da OCU na que se analizan un total de 26 cidades, sendo a máis barata Santa Cruz de Tenerife (85 euros) e a máis cara Bilbao (169 euros).

Para colmo de males, ademais de ter que desembolsar cartos do peto para obter este requisito imprescindible para alquilar ou vender a propia vivenda, dependendo de a quen contrates, podes obter unha certificación mellor ou peor, pois os criterios non están estandarizados. Tanto é así que mesmo hai certificadores que realizan o seu diagnóstico sen tan sequera visitar a vivenda e pendindo ao propietario (que pode manipular a información ao seu antollo) datos pouco minuciosos de consumo.

ÚLTIMAS

Piden arquivar as Bases Estratéxicas de Coruña Marítima: “Son unha volta a 2004”

A dous días do remate do peche do prazo de alegacións ao plan inicial...

Castelao e Songoku, así será a 28 edición de Viñetas desde o Atlántico,

A banda deseñada e a música será a temática principal da 28ª edición do...

Cinco voces, ducias de argumentos para acodir á manifestación “Acabemos co negocio da Vivenda”

Manifestación histórica a que se vai vivir este sábado 5 de abril na Coruña,...

Os Premios María Casares escolleron Iribarne como a gran destacada da escena galega

Os XXIX Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras. Un total de 17...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here