InicioSOCIEDADEO raio que apagou a Torre de Hércules

O raio que apagou a Torre de Hércules

Publicada o

Por europapress

A treboada que azoutou a cidade da Coruña durante a noite do venres provocou o fundido do faro da Torre de Hércules, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

Ocorreu ao redor das 22,15 horas pola caída dun raio na zona onde se sitúa o monumento patrimonio da humanidade, que quedou ás escuras durante un bo rato da noite.

Cazouno así de ben de @mepartoneno:

 

Galicia rexistra case 6.000 raios caídos sobre a comunidade nas últimas horas

As treboadas que manteñen en aviso amarelo durante este sábado a toda Galicia provocaron case 6.000 raios caídos sobre territorio galego nas últimas horas.

Os medidores de Meteogalicia captaron desde as 22,00 horas do venres ata primeira hora desta mañá máis de 10.000 raios, dos que 5.800 caeron en terra.

Ademais do aparello eléctrico, as treboadas deixaron ao seu paso fortes precipitacións, en moitos casos, concentradas nun período curto de tempo.

O maior de rexistro de acumulación de choiva foi na Fonsagrada (Lugo), onde se recolleron 33,2 litros por metro cadrado durante a joranda do venres.

Os municipios ourensáns de Pazos de Borbén, Muíños ou a propia capital provincial tamén foron algúns dos puntos máis chuviosos con acumulacións por encima dos 25 litros por m2.

 

 

ÚLTIMAS

A Fiscalía pide a máxima pena para os acusados polo crime de Samuel Luiz

A Fiscalía Provincial da Coruña, na súa Sección de Delitos de Odio e Discriminación,...

As Festas de Monte Alto reivindicaron o papel social das cidades

Reindicativas as Festas deste mes de outubro de Monte Alto. Esa especie de praza...

Rescatado un home que caeu nunha silveira en Oleiros

Os servizos de emerxencias tamén tiveron coñecemento dun home que caeu nunha toxeira nunha zona...

Pasea polo medio de Cambre cun machete de 45 centímetros de folla

AA Policía Local de Cambre denunciou a un mozo que paseaba pola contorna do...