InicioDEPORTESO Leyma Coruña arrinca a pretemporada con vitoria e prepara o asalto...

O Leyma Coruña arrinca a pretemporada con vitoria e prepara o asalto copeiro a Lugo

Publicada o

Por editor

Celebrouse esta fin de semana no forno de Riazor o primeiro partido de pretemporada para o Basque Coruña e o fixo cunha vitoria por 82-78 ante o Vitoria de Guimaraens. Un típico partido de pretemporada no que os de Diego Epifanio non se puideron escapar no marcador, pero que serviu para repartir minutos, para non sufrir lesións, e para ver cousas positivas dos que xa estaban e dos novos.

Aleix Font (16), Alex Hernández (12) e Sean McDonnel (13) foron os máximos anotadore dos de Diego Epifanio. Foi importante o mando de Alex Hernández, que dá tanto na pista como no vestiario, pero tamén se viron cousas moi positiva de Goran Huskic no poste baixo, Sean na anotación, ou Pablo.

O míster recoñeceu que quedan cousas que mellorar o “timing”, pero quedou moi satisfeiro co partido.

Alex Hernandez na Basquet Coruna 23-24
Alex Hernández

Viaxe a Lugo

A expedición laranxa xa prepara o Derbi Galego do vindeiro venres ás 18:00 no Pazo dos Deportes de Lugo ante o Monbus Obradoiro, para disputar a Copa Galicia.

O Club anima a afección a acodir cunha viaxe a un custe de 12 €, con saída do autobús: 15:30 h da explanada do Pazo dos Deportes de Riazor.

A compra de entradas para o partido debe ser xestionada por cada persoa. A inscrición nesta viaxe pode realizarse ata o vindeiro martes día 12 ás 16:00 horas enviando un correo electrónico a comunicacion@basquetcoruna.com indicando nome completo, correo electrónico e teléfono.

ÚLTIMAS

30 anos da catástrofe do vertedoiro de Bens

Pasaron 30 anos daquel 10 de setembro de 1996. Moitos lembramos aínda ese cheiro...

Unha táboa flamenca do século XVI recuperada do tráfico ilícito entregada ao Museo de Belas Artes da Coruña

O Ministerio de Cultura entregou ao Museo de Belas Artes da Coruña -- de...

A coruñesa María Nieto lánzase ás meigas na súa segunda novela

Hijas de Lilith, a nova novela da escritora e xornalista coruñesa María Nieto, chegará...

CRMH recorrerá a declaración do Pazo de Meirás como Lugar de Memoria

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña anunciou que recorrerá a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here