InicioSOCIEDADERenovación dos bancos e aparcabicis dos barrios da cidade

Renovación dos bancos e aparcabicis dos barrios da cidade

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña acometerá a renovación do mobiliario urbano nos barrios, onde se instalarán máis de 350 novos bancos e aparcabicis. A Xunta de Goberno local aprobou hoxe un investimento de 239.838 euros para a subministración de novos bancos de granito e madeira tratada, así como espazos para estacionar bicicletas, segundo informa.

Foi nunha reunión presidida pola alcaldesa, Inés Rey, na que se aprobou a adxudicación de tres lotes correspondentes ao contrato de subministración de mobiliario urbano destinado aos espazos públicos da cidade. Nas mesmas, inclúense partidas específicas para dotar os barrios de novos bancos de pedra, bancos de madeira e aparcabicis de aceiro inoxidable.

Noutra orde de cousas, o goberno municipal aprobou a actualización do manual de imaxe corporativa do Concello da Coruña. O mesmo determina a marca institucional, marca corporativa e símbolo corporativo, así como os seus deseños, presentes nos diversos canais de comunicación e interacción coa cidadanía. O manual adáptase á ordenanza reguladora do uso do galego no Concello, aprobada no pleno ordinario de xuño de 2021.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...