InicioCULTURACando o alumnado coruñés aprende a amar os barrios da cidade grazas...

Cando o alumnado coruñés aprende a amar os barrios da cidade grazas ao cinema

Publicada o

Por editor

Invasión da rapazada nos cinemas coruñeses. E todo, por unha causa fermosa. A causa que a cineasta Olga Osorio quixo reflectir na película Salta!, na que grandes e pequenos poden recoñecer as rúas, as prazas e parques e mesmo a xente do presente e do pasado.

O filme  Salta! foi rodado na Coruña e en Culleredo. O Orzán ou a Cidade Vella da cidade herculina quedan marabillosamente reflectidas, aínda que son, principalmente, os exteriores do Barrio das Flores o espazo no que se desenvolve a trama.

E por iso, este venres 15 de mañanciña saíron do CEIP Ramón de la Sagra ata 6 buses co alumnado de Primaria para ver xuntos esta emotiva película. Case 300 nenos e nenas dun dos barrios onde se gravou a maior parte deste filme, o emblemático barrio das Flores da cidade Herculina.

Moita da rapazada que alí estuda vive nese barrio. Precisamente, dende hai 3 anos, o centro público Ramón de la Sagra, está inmerso nun proxecto educativo de renaturalización do patio en chave urbana, que corre en paralelo á renovación do barrio no que viven moitas das familias da comunidade educativa, todo elo da man de Fermín Blanco co programa de arquitectura pedagógica “Mestra de obra”.

O alumnado estivo moi atento e emocionado durante a visualización do filme recoñecendo ubicacións, casas propias e de familiares que ían comentando entre eles e elas cheos de ilusión. Nos vindeiros días a propia Olga Osorio visitará o CEIP para poder intercambiar todo tipo impresións coa rapazada.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here