InicioA CORUÑAEn marcha a terceira expansión de BiciCoruña

En marcha a terceira expansión de BiciCoruña

Publicada o

Por editor
  • O Concello licita a terceira gran expansión de BiciCoruña, que sumará 300 bicicletas eléctricas máis e expandirá as bases a toda a cidade.
  • Prevén ampliar a rede de estacións cun mínimo de 30 máis, con 640 ancoraxes.
  • As próximas bases en instalarse estarán localizadas na contorna da praia de Oza, o polígono de Pocomaco, o campus de Oza, o campus da Zapateira e outras dúas no campus de Elviña.
  • O prazo de execución estimado polo Goberno municipal para que se complete esta intervención é de aproximadamente 8 meses, a contabilizar desde o inicio do ano 2024.

— — —

O Goberno municipal aprobou esta mañá, en sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local, a saída a licitación do contrato correspondente á terceira fase de expansión do servizo municipal de BiciCoruña. Trátase dun dos 17 proxectos cos que o Concello, a finais de abril, obtivo financiación estatal a través da segunda convocatoria dos fondos Next Generation.

O investimento previsto é 2.568.000 euros (1.910.082,64 euros correspóndense a fondos estatais, o 90%; e 657.917,36 euros a fondos municipais, o 10% restante), e permitirá sufragar, en primeiro lugar, a adquisición de 300 novas bicicletas eléctricas, con tecnoloxía antivandálica e antirroubo. 

Ademais, crearanse 30 novas estacións a habilitar —é o mínimo que plantexa o contrato, polo que poderían ser máis en función das ofertas presentadas durante a fase de licitación—, 20 serán de carga eléctrica (cun total de 450 ancoradoiros) e as 10 restantes disporán de paneis mixtos de carga solar-eléctrica (cun total de 190 ancoradoiros).

55 bases antes de finalizar o ano

Coruña conta xa con 49 estacións activas —as últimas en habilitarse foron as do Barrio das Flores e a da contorna do CHUAC, a semana pasada—, máis do doble das existentes no 2019.
Neste sentido, as próximas seis estacións en instalarse, que completarán a primeira fase de expansión do servizo, estarán localizadas na contorna da praia de Oza, o polígono de Pocomaco, o campus de Oza, o campus da Zapateira e outras dúas no campus de Elviña.

Centro de lavado e vehículo eléctrico

Tamén se prevé habilitar un centro de lavado para reforzar as tarefas de mantemento e limpeza da frota de bicicletas, tanto mecánicas como eléctricas. A súa posta en funcionamento suporá un investimento de 10.372,12 euros, e a previsión é que esté en marcha no primeiro semestre do vindeiro ano.

Tamén se adquirirá un novo vehículo eléctrico que servirá para ampliar a frota de furgonetas coas que o persoal de Mobilidade procede a diario ao reparto e subministro de bicicletas nas estacións operativas.

Aumento do uso

Destacan o aumento do uso do servizo. “As bicis sumaban nun bo ano antes do 2019 200.000 usos ao ano, hoxe levan máis de 700.000 no que vai de 2023, e o obxectivo que nos marcamos coa terceira gran expansión do servizo é poder superar o millón e medio de usos ao ano reforzando o papel da bici eléctrica como medio de transporte alternativo ao vehículo privado”, indicou a alcaldesa Inés Rey.

ÚLTIMAS

“Traballo para Inditex e non chego a fin de mes”

Novas concentracións as celebradas no mediodía de onte xoves ás portas de Inditex, no...

Un sábado de Estudios Abertos para coñecer a arte que se crea na cidade

Este sábado, 10 de maio, poderás coñecer de primeira man os artistas coruñeses, os...

Un pleno máis tranquilo deu luz á situación de abandono do COF de Orillamar

Pleno máis tranquilo do habitual este xoves 8 de maio no Pazo de María...

Estes son os finalistas dos Premios Martín Códax da Música, os “grammy galegos”

Fixéronse públicos onte públicoss finalistas dos Premios Martín Códax da Música. As bodegas de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here