InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOPacma convoca unha concentración este domingo na Coruña en contra do "masacre"...

Pacma convoca unha concentración este domingo na Coruña en contra do “masacre” do xabaril

Publicada o

Por europapress

O Partido Animalista (Pacma) convocou, en colaboración coa plataforma Non Á Caza (NAC) e outras protectoras de animais, unha concentración este domingo, 24 de setembro, na Coruña –ás 12,00 horas, en María Pita–, en rexeitamento ao “masacre “de xabaríns declarada pola Xunta de Galicia.

Esta protesta chega despois de que a Xunta declarase unha “emerxencia cinexética temporal” que supón unha caza sen límite en 248 municipios, o 80% de Galicia. Unha medida que parece tomada máis como arma política trala polémica acontecida nas últimas semanas na nosa cidade que como unha medida estudiada e efectiva.

Pacma critica esta decisión da Xunta, xa que sostén que “só responde as necesidades do lobby da caza para adiantar o período de caza do xabaril”. “En que se basea a Xunta para declarar a emerxencia cinexética se non teñen censos de poboacións de xabaríns?”, pregunta o presidente de Pacma, Javier Luna.

“Se existise un problema de superpoblación, a Xunta debería ir á raíz do problema”. “Os cazadores son os que crían e alimentan nos propios cotos e nas granxas cinexéticas a un gran numero de xabaríns para cazalos”, afirma. “Son moitos os que conseguen escapar dos tiros dos cazadores”, conclúe.

“Non podemos permitir que os cazadores dispoñan destas liberdades para aniquilar masivamente aos xabaríns, especialmente a femias adultas e subadultas, cando existen alternativas máis éticas para controlar a suposta superpoblación de jabalíes que non supoñen a morte”, razoa. Pacma tamén solicita á Xunta que prohiba as granxas cinexéticas, a cría e a alimentación de animais pola man do home nos propios cotos de caza.

CRÍTICAS DE ADEGA

Pola súa banda, Adega denuncia que esta decisión “pon de manifesto a improvisación e desinterese da Xunta” por xestionar a fauna salvaxe con criterios científicos, xa que carece dun censo e móstrase “ineficaz” para controlar a poboación de xabaril.

A entidade cruzou os datos das zonas onde se activou a emerxencia cinexética coas zonas onde se moven as 93 mandas reprodutoras que hai rexistradas en Galicia, deixando patente a necesidade de manter vivo o principal predador natural do xabaril. Unha situación que se contrapón coa continua petición da Xunta de reclamar a eliminación do status de protección do lobo ibérico.

“A irracional postura da Xunta que receita chumbo para o xabaril e ao tempo pretende cazar ao lobo, principal predador do xabaril, ponse de manifesto ao analizar conxuntamente a situación de ambas as especies”, sostén a entidade ecoloxista, pois “onde hai lobo” non hai manadas de xabarís, asegura. “Encher de escopetas o monte acotío, un risco para as persoas e o ambiente”, reproba Adega, que pide que se faga un informe completo da cantidade de xabarín que hai no país.

ÚLTIMAS

A veciñanza do Castrillón amosa as súas inquedanzas ante a creación de 1.000 novas vivendas

1.000 novas vivendas supoñen un incremento poboacional importante. Por iso, a veciñanza do Castrillón,...

Mariscadores da ría do Burgo secundan unha nova protesta en demanda de axudas tras o dragado

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo demandaron o pago de axudas mentres non...

Bernardo Fernández, Noemí Díaz e Formoso encabezan os delegados da lista do PSdeG da Coruña ao congreso federal

A Executiva do PSOE da Coruña aprobou na tarde deste venres de forma definitiva a...

Abre na Coruña un Centro de Atención Continuada para persoas en risco de exclusión social

O Concello da Coruña puxo en marcha o Centro de Atención Continuada de Pai...