InicioA CORUÑA2,5 millóns para a nova edición dos Orzamentos Participativos

2,5 millóns para a nova edición dos Orzamentos Participativos

Publicada o

Por editor

Vén de anunciar o Concello da Coruña a posta en marcha a sétima edición dos Orzamentos Participativos. Un dos mellores exemplos de participación e intervención cidadá, posto en marcha polo goberno da Marea e que se mantén vivo neste 2023.

O Concello pon a disposición da veciñanza un investimento de 2,5 millóns de euros (do orzamento de 2024), que dende xa poderá facer as súas propostas para proxectos de mellora dos nosos barrios, tanto na web nacorunacontas.coruna.gal como de xeito presencial nos rexistros municipais de María Pita, Ágora e Fórum

A veciñanza poderá propor e escoller investimentos por valor de 1 millón de euros para toda a cidade e por 1,5 millóns de euros para os barrios, a razón de 150.000 euros para cada un dos dez distritos.

A das propostas, aberta ata o 2 de outubro, será a primeira fase. A seguinte fase, a de apoios, terá lugar entre os días 5 e 10 de outubro. Nesta fase do proceso, os técnicos municipais redactarán un orzamento para cada proxecto escollido.
A terceira e última fase, coa votación final, levarase a cabo entre os días 25 de outubro e 2
de novembro.

Toda a información en nacorunacontas.coruna.gal

ÚLTIMAS

As persoas en réxime de semiliberdade que seguen loitando contras as cabichas

Nova xornada limpeza da praia de Santo Amaro a pasada semana no marco do...

Declarada firme a multa de 3.000 euros da Xunta aos Franco por non abrir ao público a Casa Cornide

A multa de 3.000 euros imposta pola Xunta de Galicia aos Franco por non abrir ao...

A actriz herculina Lucía Veiga, nova presidenta da Academia Galega do Audiovisual

Lucía Veiga convértese na novena presidenta da Academia Galega do Audiovisual e a terceira...

Fillas de Cassandra presentarán o novo disco “Hibernarse” na Coruña

Fillas de Cassandra dará a coñecer o seu novo EP, Hibernarse, en dúas presentacións exclusivas que terán lugar...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here