InicioMOV. SOCIAISPiden máis carril bici nas avenidas da cidade

Piden máis carril bici nas avenidas da cidade

Publicada o

Por editor

Co gallo da Semana da Mobilidade, Ecoloxistas en Acción A Coruña aproveita para solicitar que o Concello insira carrís bici en avenidas importantes como Alfonso Molina, Ronda de Outeiro, Avenida de Arteixo ou a Avenida de Oza.

A entidade considera “a escasa infrastructura dispoñible para moverse coa bicicleta da que dispón a cidade da Coruña. Se ben nos últimos anos apostouse pola implantación de máis estacións de bicicletas públicas, que o colectivo celebra e que segundo o concello fixo que aumentansen os usuarios no último ano, o investimento para dotar á cidade de vías de circulación axeitadas para a bici quédase curto”.

Entenden que estas avenidas son claves como eixes de comunicación, pero ou carecen de carril exclusivo, ou só algúns tramos. “Se unha persoa non pode facer o percorrido completo en bici, por medo a ser embestida por un coche nos tramos sen un carril bici exclusivo, simplemente non vai usala” indica Eloy Pérez, voceiro do grupo de A Coruña de Ecoloxistas en Acción.

O colectivo tamén lamenta que o concello tome medidas na dirección oposta, como a ampliación da Avenida Alfonso Molina, que aumenta a dependencia dos combustibles fósiles. “A reducción do tráfico, argumentan, ten que pasar polo aumento da capacidade do transporte público”.

Ecoloxistas en Acción defende que o obxetivo debe ser converter a bicicleta no medio de transporte principal dos veciños e veciñas, tomando como referencia cidades como Amsterdam ou París.

Máis novas

En marcha a terceira expansión de BiciCoruña

A Escola da Bici de Mobiliza ou como perder o medo a circular pola cidade

O Goberno autoriza licitar por 18,2 millóns as obras de ampliación de Alfonso Molina

ÚLTIMAS

“Traballo para Inditex e non chego a fin de mes”

Novas concentracións as celebradas no mediodía de onte xoves ás portas de Inditex, no...

Un sábado de Estudios Abertos para coñecer a arte que se crea na cidade

Este sábado, 10 de maio, poderás coñecer de primeira man os artistas coruñeses, os...

Un pleno máis tranquilo deu luz á situación de abandono do COF de Orillamar

Pleno máis tranquilo do habitual este xoves 8 de maio no Pazo de María...

Estes son os finalistas dos Premios Martín Códax da Música, os “grammy galegos”

Fixéronse públicos onte públicoss finalistas dos Premios Martín Códax da Música. As bodegas de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here