InicioSOCIEDADERetiran na Torre de Hércules máis dunha tonelada da invasora unlla de...

Retiran na Torre de Hércules máis dunha tonelada da invasora unlla de gato

Publicada o

Por europapress

Voluntarios de Afundacion e Abanca retiraron no entrono da Torre de Hércules, na Coruña, máis dunha tonelada de especies botánicas exóticas invasoras. A actividade ten como obxectivo fundamental controlar a presenza de exemplares da coñecida popularmente como ‘uña de gato’ unha zona de importante valor ecolóxico, declarada recentemente como Espazo Natural de Interese Local (ENIL).

Desta forma, retiraron en total 1.300 quilos. Ademais, xunto ás laboras de limpeza e retirada de especies invasoras, os participantes recibiron información sobre o enclave e boas prácticas.

Coas iniciativas de voluntariado no ámbito do medio ambiente, Afundación e ABANCA queren conseguir un impacto directo en catro Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS): ODS 10 ‘Redución das desigualdades’, ODS 13 ‘Acción polo clima’, ODS 14 ‘Vida submarina’ e ODS 15 ‘Vida de ecosistemas terrestres’.

Voluntarios na contorna da Torre de Hércules, na Coruña. AFUNDACIÓN

ÚLTIMAS

Indignación nas familias do CEIP Cidade Vella tras escoitar en directo “as mentiras” da Xunta

Levaban onte á Comisión 4ª de Educación e Cultural do Parlamento Galego o BNG...

A Audiencia da Coruña xulgará unha muller acusada de retirar máis de 75.000 euros da conta do seu pai con deterioración cognitiva

A Audiencia Provincial da Coruña ten previsto celebrar este mércores o xuízo contra unha...

A Coruña rescata o seu pasado colonialista enviando unha mensaxe reflexiva contra os racismos

Enchíase esta pasada semana a cidade de curiosos carteis co lema #ACoruñaPortoNegreiro. Xa imos...

Xoel López, a principal figura do Belén da Coruña

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou esta tarde no acto de apertura do...