InicioBARRIOSLoquillo e Miguel Costas encabezan as Festas do Rosario

Loquillo e Miguel Costas encabezan as Festas do Rosario

Publicada o

Por editor

En clave de R&R chegan as Festas da patroa da cidade este 2023. As Festas do Rosario, que se celebrarán do venres 6 ao domingo 8 de outubro, contarán como cabezas de cartel a Loquillo e Miguel Costas.

Así o deron a coñecer membros do Concello e da asociación de veciños da Cidade Vella, como a súa vicepresidenta  Carolina Barros.

A grande actuación desta edición das festas do Rosario será a de Loquillo, que estará na praza de María Pita o sábado 7 ás 22.30 horas.

Ademais, o rock galego tamén terá o seu protagonismo co concerto de Miguel Costas, fundador de Siniestro Total, que ofrecerá en Azcárraga un repertorio especial cos grandes éxitos da formación viguesa o sábado ás 20.45 horas.

A programación musical complétana formacións coruñesas e galegas, con bandas como Amizades, Broken Peach, Los Alcántara, Sito Sedes ou Hot Chocolates, algúns dos grupos que actuarán de venres a domingo.

A pregoeira desta edición será María Isabel Blas Rodríguez, fundadora da asociación veciñal e impulsora das festas do Rosario.

 

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here