InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOUn novo ‘stolpersteine’ na rúa Padre Feijóo para lembrar Juan González del...

Un novo ‘stolpersteine’ na rúa Padre Feijóo para lembrar Juan González del Valle

Publicada o

Por editor

A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARHM), en colaboración do Concello, continúa coa colocación dos ‘stolpersteine’, esas pedras ou lastros inscrustadas nas nosas rúas que recordan os deportados coruñeses aos campos de concentración nazis durante a Segunda Guerra Mundial. 

Neste caso, tivo lugar a instalación dun recordo diante da casa, rúa Padre Feijóo, de Juan González del Valle, profesor e intelectual republicano, asasinado no campo de exterminio de Harheim tal día como hoxe en 1941.

No acto, ao que tamén asistiron familiares, levouse a cabo a lectura da súa biografía da man de Lázaro Louzao así coma un poema por Maruxa Boquete. “Con este fermoso acto espertamos a consciencia para estar alerta e impedir que se perpetren de novo os horrores do pasado e do presente”, sinalou Gonzalo Castro.

Castro reivindicou a posta en marcha da iniciativa para “facer xustiza” e a posta en valor da memoria de veciños coruñeses e coruñesas.

Coa colocación deste novo ‘stolpersteine’ xa son 7 os localizados en diferentes puntos da cidade, sendo o primeiro concello en Galicia en lembrar ás vítimas do Holocausto con este proxecto.

A Coruña, a primeira cidade galega en homenaxear ás vítimas dos campos de concentración nazi

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here