InicioPOLÍTICACondenan ao Concello de Oleiros a retirar os carteis da campaña que...

Condenan ao Concello de Oleiros a retirar os carteis da campaña que simulaba un atropelo á Conselleira

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Encántalle ao Concello de Oleiros facer campañas con alusións directas á Xunta de Galicia. Unhas das máis chamativas foi a que traía como lemas “Camiña, Xógate a Vida” e “Ollo que che pillan”, cunha imaxe dun coche simulando un atropelo á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.

A Xunta denunciara a campaña de comunicación institucional e hoxe o Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 da Coruña vén de acoller o recurso contencioso-administrativo interposto condenando ao Concello á retirada inmediata dos carteis; a contratar, nos medios de comunicación que se fixeron eco da campaña, a publicación dun anuncio no que se reproduza o fallo da sentenza, así como a absterse de colocar novos carteis con mensaxes similares.

O maxistrado asegurou que o Concello infrinxiu a Lei 29/2005 de Publicidade e Comunicación Institucional, pois deben basearse no “principio de lealdade institucional”.

O maxistrado salienta que “non estamos ante unha actuación a título particular do alcalde de Oleiros, senón ante unha actividade do Concello de Oleiros”. Ademais, descarta que “poida acollerse dita campaña como un exercicio da liberdade de expresión, non xa polo alcalde de Oleiros, senón polo Concello de Oleiros, pois os dereitos e liberdades, no noso ordenamento constitucional, osténtanos os cidadáns fronte ao Estado e os poderes públicos, son dereitos fronte ao poder, non, desde logo, dos poderes públicos, non xa fronte aos cidadáns, senón tamén fronte a outra administración ou poder público”. Na sentenza, polo tanto, conclúe que a campaña conculca as prohibicións que contempla o artigo 4 da Lei 29/2005.

Entre elas, destaca a prohibición de campañas que “manifestamente menoscaben, obstaculicen ou perturben as políticas públicas ou calquera actuación lexitimamente realizada por outro poder público no exercicio das súas competencias”. Así, indica que “o ánimo dos carteis non pode ser outro que menoscabar e ridiculizar o exercicio das competencias propias en materia de estradas da Xunta de Galicia”.

O xuíz tamén sinala que a campaña “non só induce a confusión utilizando unha imaxe suxestiva da Xunta de Galicia, Xusta de Galicia, inducindo a esa confusión, senón que, a medio diso, non se identifica a súa autoría polo Concello de Oleiros”. A sentenza non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso de apelación.

ÚLTIMAS

Denuncian o esquecemento, e a perda de fondos europeos, do carril bus en Juan Florez e na Vedra

Mentres o Concello esquece a actualización do concesión de transporte urbano (despois dun ano...

Jakson Renner Rodríguez, docente da UDC e un dos mellores de España

O docente da área de Organización de Empresas da Universidade da Coruña (UDC), Jakson...

A Coruña busca a creación dun bosque urbano en Bens

O Concello da Coruña e a consultora ambiental Galnus impulsasen nos próximos anos a...

As traballadoras da rede de escolas infantís municipais esixen ao Concello que cumpla as súas promesas

Hai xusto un ano pechaban un ciclo de mobillizacións. Pero semella que as medidas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here