InicioSUCESOSUnha avaría nunha porta provoca case unha hora de atraso no tren...

Unha avaría nunha porta provoca case unha hora de atraso no tren rexional Vigo-A Coruña

Publicada o

Por europapress

Novos problemas na única liña de tren decente no país. Unha avaría na porta dun tren rexional, de Vigo á Coruña, na parada de Vilagarcía de Arousa, ocasionou, na mañá deste mércores, case unha hora de atraso no seu traxecto, pero sen ocasionar atrasos noutros servizos.

Así, o tren que debería de saír de Vilagarcía ás 10:04, chegou con 20 minutos de atraso e ás 10:50 horas aínda permanecía na plataforma cos pasaxeiros no seu interior.

Con todo, segundo confirmaron fontes de Renfe, o dano non causou afeccións nos demais trens da liña.

Segundo informou a interventora aos viaxeiros, a parada debeuse a unha avaría nunha das portas que non deixou que o tren arrincase.

O atraso comezou a xerar mal estar entre os viaxeiros que algúns ían a clase, á que xa non chegarían, e outros que se dirixían a traballar.

Así as cousas, o tren saíu de Vilagarcía minutos antes das 11,00 horas, cando debería chegar á capital galega ás 10,49 horas.

ÚLTIMAS

Desarticulada unha organización que explotaba sexualmente a mulleres en pisos prostíbulos na Coruña

A Policía Nacional desarticulou unha organización criminal dedicada á trata de explotación sexual usando pisos prostíbulo en...

Case 200.000 persoas gozaron do San Xoán na Coruña

O 112 Galicia xestionou máis de 450 incidencias durante a pasada noite de San Xoán...

O Concello da Coruña fomenta a alimentación saudable entre o alumnado de Primaria

O Concello da Coruña sacou a licitación o servizo para desenvolver o programa educativo...

Mariscadoras da Ría do Burgo urxen unha solución mentres non poidan volver faenar

Representantes de mariscadoras e mariscadores da ría do Burgo secundaron este luns, día 23,...