InicioA CORUÑADeclaran en Alerta Severa por seca as zonas do Anllóns e da...

Declaran en Alerta Severa por seca as zonas do Anllóns e da Costa da Coruña

Publicada o

Por editor

As zonas do Río Anllóns e da Costa da Coruña son as primeiras en ver activadas a Alerta Severa por Escaseza de Auga en Galicia. Así o anunciou esta mañá de luns 8 de outubro, no marcou doutra xornada onde se superaron os 25º, a Oficina Técnica da Seca, formada por Augas de Galicia, Protección Civil, Meteogalicia, a Consellería do Medio Rural e a Consellería de Sanidade. As chuvias, “tormentosas e irregulares”, da primeira semana de setembro permitiu unha lixeira subida do caudal medio dos ríos, pero as temperaturas deste outubro provocaron unha rápida baixada ata os valores previos.

Mapa da aleta por seca Galicia-Outubro 2023
Mapa da seca en Galicia neste outubro 2023

No caso da Coruña e e comarca, as reservas do encoro de Cecebre seguen baixando, cunha ocupación actual do 43,61%, e a incerteza ante o futuro é máxima. En calquera caso, aseguran que “a situación non é alarmante a curto prazo desde o punto de vista do abastecemento, pois a zona do sistema de abastecemento do río Mero, Arteixo e ría da Coruña, conta cunha reserva importante de auga no lago das Encrobas”.

O resto dos sistemas de abastecemento da demarcación Galicia-Costa presentan niveis normais, cunha ocupación dos encoros de 64,44%, 6,16 puntos por riba con respecto ao mesmo período do ano anterior.

En calquera caso, a Xunta insta aos Concellos a tomar medidas para reducir os consumos, así como levar a cabo un labor de concienciación cidadá e un control axeitado dos usos da auga.

Avisan que malia que o mes de outubro está a comezar seco e cálido, prevén as primeiras borrascas para a segunda quincena.

ÚLTIMAS

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...

O BNG pregunta ao Concello por que segue incumprindo a Lei de Memoria Democrática

O BNG denunciou incumprimentos da Lei de Memoria Democrática na Coruña e avanzou que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here