InicioCAMBREExecutan o derrubamento do edificio dos Campóns

Executan o derrubamento do edificio dos Campóns

Publicada o

Por editor

Poucas veces se ven estas imaxes de demolición de edificios por moi ilegais que sexa e por moitas ordes de derrubamento que teñan enriba. Pero as consecuencias do #tivaifacendo dos tempos do boom urbanístico, ás veces se acaban pagando. É o caso do edificio ilegal dos Campóns (en Sigrás, Cambre), que estes días está sendo derrubado polo Concello de Cambre.

Trátase dun edificio de vivendas de bloque plurifamiliar de planta baixa máis tres plantas que foi construído no ano 1995. Tres anos despois paralizouse a construción deste inmoble por incumprir a normativa urbanística e por carecer tamén da correspondente licenza. A edificación, erguida en terreos clasificados como urbanos de núcleo rural, non cumpre tanto co tipo de vivenda como coa altura máxima permitida polo que non se pode legalizar nin sequera convertir en vivenda social.

A súa demolición é unha reivindicación histórica da Asociación Veciñal de Sigrás, e a orde de derrubo xa se solicitou en marzo de 2018, cando o Concello requiriu ao propietario un proxecto de demolición. Ao expirar o prazo de 5 meses, o Concello executa as obras de forma subsidiarioa, por un montante de 112.429 euros que posteriormente lle cobrará ao propietario.

Dende o Concello sinalan que se deixará a parcela dacordo coa rasante preexistente e que se protexerán os elementos públicos que poidan verse afectados pola realización destas obras.

 

Máis novas

O alcalde de Cambre suspéndese a nómina ata resolver os pagos a proveedores provocado polo “bloqueo” da Secretaría

ÚLTIMAS

A Xunta convoca ao sindicato O’Mega para negociar tras 3 días de folga na Atención Primaria

Tiveron que pasar 3 días en folga nos Centros de Saúde, privando dun servizo...

O alumnado de FP Dual do Ánxel Casal que ten contra as cordas á Consellería

Está mobilizando a media Consellería de Educación un pequeno grupo de 10 alummnos do...

Os salvadores do CIS volven limpar o Areal da Torre

Volveu ao Areal da Torre o programa Entre Crebas, esa iniciativa da Asoc. Mar...

O festival ‘Imaxinaria’ converterá A Coruña no epicentro da animación internacional do 11 ao 15 de marzo

O Festival de Animación 'Imaxinaria' celebra unha nova edición do 11 ao 15 de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here