InicioCULTURAA AC Alexandre Bóveda comeza novo ciclo de charlas para "pensar o...

A AC Alexandre Bóveda comeza novo ciclo de charlas para “pensar o futuro”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Non damos feito coa cantidade de actividades que artella a Asociación Cultural Alexandre Bóveda. A entidade arrinca este luns 16 de outubro o ciclo PENSANDO O FUTURO, no que traerán ao seu local na Rúa Santo André, 36, 1º, cinco voces que queren ofrecer un xeito diferente de contar o mundo. Falarán de como se constrúe a historia, de medios de comunicación públicos, de censura e autocensura, de feminismo e de intelixencia artificial.

A primeira cita será ás 19.00 h con Francisco Calo Lourido, Doutor en Xeografía e Historia pola USX e Catedrático de Xeografía e Historia, e gañador en dúas ocasións o premio de investigación Antón Losada Diéguez. Calo Lourido ofrecerá a palestra A Historia de España, unha construción interesada e falaz.

“Todas as nacións falsearon a súa Historia”, explica Calo. “España non existiu como ente político, como Estado, ata o século XVIII, e esforzouse por aparentar algo que aínda hoxe segue a ser a súa maior teima: o sacrosanto concepto da unidade nacional”.

Cinco charlas

Teremos dúas palestras en outubro e tres en novembro nesta edición:

  • Francisco Calo Lourido (16 de outubro)
  • Anxo Quintela (23 de outubro)
  • Elvira Souto (6 de novembro)
  • Carme Adán (13 de novembro)
  • Rubén Cela (27 de novembro)

Inscricións: acab@mundo-r.com

ÚLTIMAS

O concurso da praza de “directora substituta” da Fundación Luís Seoane, novo exemplo do abandono dunha da xoias culturais da cidade

Ángel Calvo Ulloa: “É un asunto escandaloso”. --- ---- ---- --- Todo o sector do...

Derrubados os muros do Xardín do Observatorio para abrir “un anaquiño” do Parque da Agra

Arrrincaban en agosto as obras para liberar o Xardín do Observatorio, e esta mañá...

Condenada a 144 anos de cárcere por asasinar a anciás en Cataluña, novamente detida por novo homicidio na Coruña

Os galega Remedios Sánchez Sánchez, condenada hai case dúas décadas a 144 anos de...

Bad Gyal actuará no Coliseum da Coruña en maio de 2026

Bad Gyal actuará no Coliseum da Coruña o 23 de maio de 2026, segundo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here