InicioBARRIOSAs Bibliotecas da Coruña celebran o seu Día cunha marea de actividades

As Bibliotecas da Coruña celebran o seu Día cunha marea de actividades

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

As Bibliotecas da Coruña son un dos nosos tesouros. As profesionais coidan, atenden, propoñen… facendo destes espazos lugares fundamentais para o desenvolvento cognitivo de todos os públicos, dende familias ata os maiores, pasando pola mocidade.

O 24 de outubro será o Día das Bibliotecas, e para celebralo arman unha decena de actividades presenciais e virtuais.

Primeira actividade, saída a Xixón

A primeira das actividades terá lugar o vindeiro mércores 18 de novembro. As persoas asociadas aos clubs de lectura da Coruña realizarán unha saída á cidade de Xixón, en Asturias, para manter un encontro literario co escritor xaponés Haruki Murakami, galardoado co Premio Princesa de Asturias 2023.

Conversas virtuais

Nas redes socias das Bibliotecas da Coruña tres conversas de lectura en liña con Carolina Rapaos Barreira, Ana Louzán, Iolanda Sánchez, vinculadas á biblioteca do Ágora; así como a peza audiovisual ‘O falar non ten cancelo’, de Boyanka Kostova, que recolle a entrevista realizada dende as bibliotecas municipais ao grupo musical.

Calendario de actividades

Día das Bibliotecas | 24 outubro

  • Biblioteca Durán Loriga | 18.30 horas | Encontro coas bookstagramers Littera Lupa e Surfeando libros (Previa inscrición: 17 de outubro ás 10.00 horas)
  • Biblioteca de Estudos Locais | 19.00 horas | Homenaxe á Biblioteca do Consulado, primeira biblioteca pública da cidade (Previa inscrición: 17 de outubro ás 10.00 horas)
  • Fórum Metropolitano | 11.30 horas | Obradoiro Interxeracional de Xogos de Mesa
    co alumnado do IES Fernando Wirtz e usuarios do programa “Mayores y Más” de Accem
    Galicia
  • Fórum Metropolitano | 16.30 horas | Amigonianos Galicia: unha visita inclusiva á
    biblioteca con contacontos final
  • Biblioteca dos Rosales | 18.30 horas | Obradoiro de bordado literario con Lúa
    Mosquetera: encontro interxeneracional (Previa inscrición: 17 de outubro ás 10.00 horas)
  • Centro Ágora | 19.00 horas | CinecLuBT: mulleres LBT

25 de outubro

  • Biblioteca de Estudos Locais | 17.00 horas | Xornada ‘Ando na Coruña: vida máis aló de Hércules’ e visita guiada da Coruña romana con María Pardo, ao alxibe da rúa Franxa e ás murallas

26 de outubro

  • Biblioteca de Estudos Locais | 11.00 horas | Visita dos Clubs de Lectura á exposición sobre a Historia da enfermidade da variola, organizada pola Real Academia de Medicina de Galicia

ÚLTIMAS

Os camións das obras do tren ao porto exterior deixan de pasar por Suevos ao desviarse pola autovía AC-15

Os vehículos pesados que participan nas obras da conexión ferroviaria do porto exterior de...

Incidentes puntuais e unha quedada frustrada de ultras antes do Dépor-Atlético

O partido da Copa do Rei entre o clube coruñés do Deportivo e o...

O PSdeG esixe “condicións dignas” na liña de bus A Coruña-Ferrol tras quedar usuarios “tirados” nas estacións

O PSdeG reclamará no Parlamento de Galicia "condicións dignas" para a liña de autobús...

O PP acusa a PSOE e BNG de “paralizar sen motivo” a construción de 400 vivendas nas Percebeiras

O portavoz do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, acusou a PSOE e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here