InicioCULTURAÁ venda as entradas para a programación de outono do ciclo Bebescena...

Á venda as entradas para a programación de outono do ciclo Bebescena 2023

Publicada o

Por editor

O Ciclo Bebescena 2023 contará con tres espectáculos infantís ata finais de ano no Centro Ágora. As entradas (6 € para o público xeral e de 2 no caso de menores de tres anos.) xa están á venda despacho de billetes do IMCE situado na praza de Ourense, de luns a venres (agás festivos) de 11.00 a 15.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas; no despacho de billetes do Centro Sociocultural Ágora desde unha hora antes do comezo de cada espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles); e tamén a través da páxina web de Ataquilla.com.

O calendario de actuacións do ‘Bebescena’ de outono abrirase o vindeiro domingo 29 de
outubro (con dúas sesións, ás 11.30h e ás 13.00h) con ‘Silforiña’, da compañía Golfiños. Trátase dun espectáculo orientado ao público familiar, con bebés dende os 6 meses ata os 3 anos, que combina a música e narración para contar a historia de Silforiña, unha nena que mira a vida a través da fiestra da súa casa e que soña con facer un novo camiño.

Tras ‘Silforiña’, de Golfiños, a programación continuará ata finais de ano con dous novos
espectáculos no Centro Ágora:
● 12 de novembro (11.30 e 13.10 horas): ‘OVO’, de Wetumtum.
● 10 de decembro (11.30 e 13.00 horas): ‘Paisatges’, de Estud1.

ÚLTIMAS

“O Mundial era o proxecto estrela de Inés Rey e o que hai é un proxecto estrelado”

Pouco eco un día despois da renuncia do Concello da Coruña ao Mundial 2030....

A CUAC FM soplará ás velas do seu 30 aniversario este sábado 21 de marzo ás 13:04 en María Pita

Inmerso en pleno aniversario, a familia da CUAC FM debullou esta fin de semana...

Os médicos volverán concentrarse este mércores ás portas do CHUAC

Este mércores 18 de marzo, ás 11:00h, hai convocada unha nova concentración de médicos...

Os docentes do Programa de Lecer convocan unha reunión cos usuarios

Uns 70 docentes e uns 6.000 usuari@s seguen esperando pola reanudación dos cursos culturais...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here