InicioA CORUÑANovas accións xudiciais de afectados pola ampliación do Chuac tras anularse o...

Novas accións xudiciais de afectados pola ampliación do Chuac tras anularse o plan de espazos da Xunta

Publicada o

Por europapress

Propietarios do barrio de Eirís afectados pola ampliación do complexo hospitalario universitario da Coruña anunciaron novas accións xudiciais despois de que o Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Santiago deulles a razón tras a decisión autonómica de levar a cabo o proxecto nesta zona e non noutro lugar.

Nun comunicado, explican que a Xunta, “tras barallar diferentes localizacións e aprobar o plan funcional e de espazos do Chuac, acordou nun primeiro momento construír as novas instalacións nos terreos da antiga fábrica de armas”, pero que, finalmente, “mediante un procedemento de correción de erros acordouse ampliar nos terreos de Eirís”.

A asociación veciñal e os propietarios afectados de Eirís encargaron un recurso vía xudicial dos citados acordos. “Finalmente, o Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Santiago deu a razón aos veciños e anula as resolucións da Xunta na decisión de que se faga unha ampliación en Eirís”.

“Considera que non estaba suficientemente xustificada nin motivada”, engaden no seu comunicado no que avanzan que “con independencia do recurso que poida presentar a administración”, a asociación veciñal Uxío Carré de Eirís “xa encargou o recurso en vía xudicial do acordo do Consello da Xunta que aproba o proxecto de interese autonómico do ‘Novo Chuac'”.

ARGUMENTOS DA XUNTA

Pola súa banda, a Xunta subliñou que a sentenza non é firme e avanzou que a recorrerá. “A tramitación do novo hospital público da Coruña está apoiada polo proxecto de interese autonómico do ‘Novo Chuac’, aprobado polo Consello da Xunta”.

“Trátase do máis completo instrumento de ordenación urbanística do novo hospital”, remarcou a Consellería de Sanidade consultada por Europa Press. “Ese proxecto de interese autonómico valida a solución adoptada e ofrece plenas garantías para o desenvolvemento do novo hospital público da Coruña”, recalca.

Ademais, incidiu en que o mesmo recolle “a xustificación do emprazamento actual como o máis idóneo e aconsellable para a ampliación polas vantaxes que supón para o seu encaixe na trama urbana, para contar cos accesos adecuados e para permitir un maior estándar de calidade dos servizos sanitarios“.

ÚLTIMAS

A única muller acusada no crime de Samuel Luiz inculpa ao seu exmozo e outros dous procesados

Catherine S.B., a única muller acusada polo crime de Samuel Luiz inculpou ao seu...

A RCP, o método para salvar vídas que toda a poboación debería saber

Debería ser obrigatoria en todas partes, colexios, clubs deportivos… E así o entende a...

Denuncian que o IES Adormideras da Coruña expulsou varios alumnos por facer folga o 11 de outubro

O Sindicato de Estudantes Galiza denunciou que o IES Plurilingüe Adormideras da Coruña expulsou...

Convocan unha Concentración nacional en Compostela contra os recortes no ensino

De seguro que ducias de familias da Costa da Morte se achegarán este vindeiro...