InicioCULLEREDOO BNG de Culleredo esixe rematar a obra de Liñares tras 4...

O BNG de Culleredo esixe rematar a obra de Liñares tras 4 meses de retraso

Publicada o

Por editor

Tiñan que estar rematadas a comezos do verán pero as obras da senda peonil do vial que atravesa o lugar de Liñares (Culleredo), seguen así.

Así o denuncia o BNG local, que critica o retraso de 4 meses con respecto a data prevista de finalización, que debería ter sido a principios de verán. O BNG reclama “que se cumpra co proxecto e que a obra remate xa, e para iso propón unha xuntanza urxente coa dirección da obra por parte da Deputación da Coruña, responsable da execución do proxecto”.

O BNG esixe, pois, “a correcta execución, no menor tempo posible, da totalidade da obra, corrixindo calquera defecto que se poida ter observado no proxecto ou na súa planificación ou que se poida observar no futuro durante a execución da obra, tendo en conta evitar males maiores á veciñanza residente no núcleo de Liñares”.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here