InicioA CORUÑAA borrasca 'Aline' obriga a decretar alerta vermella na costa da Coruña...

A borrasca ‘Aline’ obriga a decretar alerta vermella na costa da Coruña por ondas e vento

Publicada o

Por europapress

A borrasca ‘Aline’ obrigou á Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) a decretar un aviso vermello por fenómenos costeiros na costa atlática da Coruña e todo o litoral cantábrico desde Galicia ata Euskadi.

Segundo indicou o instituto meteorolóxico, o perigo será “extremo” a partir da medianoite do xoves ao venres e nas primeiras horas do venres –ata as 12,00 horas desta xornada–. As ondas poderían superar os 8 metros de altura.

Tras fortes precipitacións rexistradas na pasada xornada, este xoves segue en Galicia unha situación meteorolóxica adversa, con choivas persistentes e vento forte. A situación é complicada no mar, con ondas de forza 8 e con intervalos de forza 9 entre Fisterra e Ribadeo.

Nos valores máximos de Meteogalicia faise constar que en Forcarei se rexistrou un acumulado de precipitacións 98,7 l/m2; e refachos de vento de 122,4 km/h na estación de Lardeira, en Carballeda de Valdeorras (Ourense) ou os 100.4 km/h de Lira (Carnota)

Mapa Incidencias AXEGA Alerta Vermella
Así está o mapa de incidencias de AXEGA nestes momentos

AVISO LARANXA DE METEOGALICIA

Así, o boletín de avisos do instituto galego fai constar para este venres, 20 de outubro, que haberá temporal no mar con fientos fortes do noroeste e ondas superando o cinco metros de altura.

Deste xeito, por ventos haberá aviso amarelo a partir de medianoite en varias zonas da Coruña, litoral de Pontevedra, A Mariña e as áreas de montaña de Lugo e Ourense. Por ventos no mar, na costa galega haberá aviso laranxa a partir de medianoite e na mañá do venres.

Mentres, por ondada, Meteogalicia decreta unha alerta laranxa no litoral de Pontevedra desde a próxima medianoite ata as 18,00 horas do venres; e tamén durante a maior parte da xornada na costa de Pontevedra e A Mariña de Lugo.

A SITUACIÓN NO MAR MELLORA O SÁBADO

A situación no mar irá mellorando progresivamente, segundo Meteogalicia, finalizando o día 21 fose dos límites de aviso.

En todo caso, nas primeiras horas do sábado manterase o aviso amarelo por ondada en toda a costa galega.

ÚLTIMAS

Disparidade entre Concello e a Xunta pola nova parada de bus metropolitano na rolda de Outeiro

A Xunta enviaba a semana pasada unha proposta ao Concello da Coruña para crear...

O Centro de Arte Fundación María José Jove marida arquitectura, xogo e comunidade

Se ben o 25 coñeceremos o seu programa educativo completo, este xoves 17 ás...

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...