InicioARTEIXOMáis terreo para empresas de hidróxeno verde e electricidade no polígono de...

Máis terreo para empresas de hidróxeno verde e electricidade no polígono de Morás

Publicada o

Por editor

A Xunta adxudicou case 70.000 metros cadrados de chan empresarial en cinco polígonos, con bonificacións do prezo de venda por importe de máis de 3,3 millóns de euros. Segundo informou o Executivo galego, o prezo de adxudicación das parcelas, unha vez descontadas a bonificación, foi de 7,15 millóns de euros.

A maior parte das parcelas adxudicas corresponden ao parque de Morás, en Arteixo, onde adxudicaron 10 a tres empresas dedicadas á fabricación de cadros eléctricos, á produción, almacenamento e distribución de hidróxeno verde renovable e a terceira a transporte e loxística.

Na área empresarial de Bértoa, en Carballo, adxudicaron unha parcela á empresa do sector de montaxe e reparación de portas eléctricas.

ÚLTIMAS

Folga nos autobuses da Coruña: os traballadores denuncian unha carga laboral excesiva e prodúcense danos en dous vehículos

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña, empresa adxudicataria do servizo de autobuses...

“Garabato”, da herculina Alicia Úbeda, a única curta galega seleccionada no ZINEBI 68

Segue asentándose Brava no panorama audiovisual galego. Como tamén o fai a directora Alicia...

A Xunta de Persoal solicita un calendario real, financiamento e solucións ante a demora nas obras do novo CHUAC

A Xunta de Persoal da Área sanitaria da Coruña e Cee achegouse esta mañá...

O TSXG avala o despedimento dun líder sindical do lixo da Coruña por instar a boicotear o servizo durante a folga

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou como...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here