InicioCULLEREDOAccidente de tráfico no Burgo cun vehículo atravesado na AP-9

Accidente de tráfico no Burgo cun vehículo atravesado na AP-9

Publicada o

Por monchomarino

Urxencias Sanitarias atendeu este xoves un accidente de tráfico que se rexistrou no quilómetro 7 da AP-9, no Burgo, Culleredo, e en sentido Santiago.

Diversos particulares que circulaban polo lugar chamaron ao 112 Galicia pasadas as 9 horas, e informaban dun coche que se accidentou e quedou atravesado na vía. Os alertadores non podían concretar se había persoas feridas, pero si indicaron que os restos do sinistro quedaran esparexidos polo asfalto.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse dos feitos as Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Betanzos, á Garda Civil de Tráfico, aos axentes da Policía Local e aos membros de Protección Civil de Culleredo, así como aos servizos de mantemento da autoestrada.

ÚLTIMAS

“Foliada”, a nova APP para consultar e compartir cantigas galegas

Xa coñecemos as aplicacións ”Breogán” e ”Carmucha”. Ferramentas dixitais que espallan a nosa música...

Mar de Fábula e persoas privadas de liberdade do CIS constatan o regular estado de saúde do Areal da Torre

A pasada semana, o areal da Torre acolleu a quinta acción ambiental deste ano...

Atopan morto a un home no seu domicilio na Coruña

Un home foi atopado morto este domingo no seu domicilio da Coruña. O home...

A Coruña acollerá en maio a primeira escala en Europa da regata do centenario do Juan Sebastián Elcano

A Coruña será a primeira escala europea da regata do centenario do Juan Sebastián...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here