InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIONova reunión para definir o novo concurso para a xestión da pranta...

Nova reunión para definir o novo concurso para a xestión da pranta de tratamento de residuos de Nostián

Publicada o

Por editor

Un dos asuntos que leva máis tempo atascado na política comarcal é o dos residuos. Anos de folgas, de contratos en precario… que poden rematar se avanzan as negociacións abertas onte, trala primeira das reunións da mesa de traballo entre o Concello e o Consorcio das Mariñas para a coordinación de accións de cara á definición do próximo concurso para a xestión da pranta de tratamento de residuos de Nostián.

O Goberno municipal coruñés avanzou que ten previsto resolver antes de que remate o ano as alegacións presentadas ao anteproxecto, e introducir melloras de cara a perfeccionar os documentos técnicos da licitación da pranta. O Concello da Coruña mantén aberta a porta a unha posible colaboración con Sogama despois da primeira xuntanza celebrada no mes de setembro entre o goberno municipal e o Goberno de Galicia para abordar diferentes temáticas.

O concello incorporou así ao Consorcio das Mariñas á Mesa de Traballo, con persoal técnico e tamén cos representantes designados polo organismo comarcal. Dende o goberno municipal salientaron que nas vindeiras semanas haberá máis xuntanzas onde se estudiarán tódalas aportacións que achegue o Consorcio, “que non só é tratado como un cliente da Planta senón como un socio preferente do concello da Coruña.” Na reunión constatouse a vontade de ambas as dúas institución de camiñar xuntas, definindo ben os procesos ata chegar a pechar o documento definitivo para a licitación da pranta.

ÚLTIMAS

A mesta néboa obriga a desviar dous voos da Coruña a Vigo

Dúas aeronaves tiveron que ser desviadas do aeroporto da Coruña ao de Vigo debido,...

O Recorda Fest reúne na Coruña a Juan Magán, Hombres G e máis dunha vintena de artistas

A Coruña converterase esta fin de semana nun dos puntos de encontro da música...

A escritora estadounidense Fran Lebowitz conversará con Daniel Mendelsohn no centro MOP da Coruña

O centro MOP da Coruña acollerá unha nova cita das 'MOP Talk', que esta...

O PP aberto a falar dos orzamentos municipais fronte a un BNG que descarta pactos

O portavoz do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, ofreceu...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here