InicioBARRIOSANPA Monte Vixía: “É complicado estar ao tanto de solicitudes, ofertas, orzamentos......

ANPA Monte Vixía: “É complicado estar ao tanto de solicitudes, ofertas, orzamentos… sendo pouc@s e voluntari@s”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A vida familiar que hai dentro dos Centros Educativos de Educación Infantil e Primaria (CEIP) é un mundo bastante agochado. Pouca xente, ata que o vive en primeira persoa, coñece o funcionamento, e o incansable traballo das Asociacións de Nais e Pais nos colexios públicos.

E moitas veces, no canto de agradecer este esforzo voluntario por mellorar a calidade da ensinanza dos nenos e nenas, a ignorancia provoca que algunhas familias o único que fagan é criticar, no canto de agradecer ou animarse a colaborar.

Co afán de poñer en valor este traballo colaborativo que protagonizan centos de familias de toda a cidade, que fan que as comunidades escolares sexan un dos alicerces da nosa sociedade, comezamos esta serie de entrevistas con varias das ANPAS. Entrevistas nas que afondamos sobre as carencias, a falta de apoio institucional, e a asunción de responsabilidades que administracións como a Xunta delegaron nas familias.

Porque cómpre lembrar, que a día de hoxe, o horario oficial no que os centro de ensino asumen a custodia, e educación, das crianzas, é de 9:00h a 14:00. 5 horas que para nada reflicten os ritmos da sociedade actual, e que non respectan unha conciliación adecuada. Deste xeito, de non ser polas ANPAS, nas que recae o peso da organización de servizos tan necesarios como o de madrugadores, o comedor ou as actividades extraescolares, e que permiten ampliar o horario “escolar” entre as 8:00h e as 18:00h, sería imposible facer unha xornada laboral completa para calquera traballador/a.

Xa fixemos parada no CEIP Salgado Torres e hoxe nos achegamos ao barrio de Monte Alto para falar coa ANPA Monte Vixía do CEIP Torre de Hércules.

 

  • 1. Pensades que vos corresponden ás competencias de organización de comedor e actividades extraescolares?

– ANPA Monte Vixía do CEIP Torre de Hércules: Pode ser que nos corresponda pero que como asociación de nais e pais, sendo todos voluntarios e con poucos membros, é complicado. Polo anterior penso que debería ser unha responsabilidade compartida coa Xunta ou asumida pola Xunta na súa totalidade.

 

  • 2. Cales son os cambios principais que proporíades ao respecto?

– ANPA Monte Vixía do Torre de Hércules: Incluír ao centro e á Xunta na xestión e seguimento destas competencias.

 

  • 3. Credes que debe cambiar algo na relación das ANPAs coas administracións?

– ANPA Monte Vixía do Torre de Hércules: Pois a relación é moi pequena. De feito non somos invitadas cando hai visitas institucionais, tanto do Concello como da Xunta. 

 

  • 4. Cales dirías que son os problemas principais aos que se enfronta unha ANPA?

– ANPA Monte Vixía do Torre de Hércules: Ao meu parecer creo que é complicado estar ao tanto de solicitudes, ofertas, orzamentos… sendo poucos e voluntarios. Creo que debe ser unha responsabilidade compartida coa escola e liderada pola escola.

Poucos membros, pouco tempo, moitas competencias e demanda das familias. É preciso implicación e presenza para crecer e mellorar.

 

  • 5. Canta xente diríades que se implica na organización dos servizos da ANPA maís alá da Xunta Directiva?

– ANPA Monte Vixía do Torre de Hércules: A día de hoxe a verdade é que somos un grupo bastante numeroso de familias implicadas, con varias comisións para organizar diversos aspectos. Pero máis alá da directiva, penso que de forma extraordinaria algún profesor ou monitor, algunha familia e a federación de país e nais, que intenta axudar sendo coñecedora das carencias e dificultades existentes.

Imaxe do magosto celebrado o ano pasado no centro organizado pola ANPA
Imaxe do magosto celebrado o ano pasado no centro organizado pola ANPA

 

Máis novas

ANPA Avantar: “Non debería recaer nas ANPAS a responsabilidade do comedor”

ÚLTIMAS

Usuarios dos cursos dos Programa de Lecer do Fórum e do Ágora pregúntanse pola posible suspensión das asamblearias viaxes culturais

Certo malestar vívese estas semanas entre os centos de usuarios dos Cursos do Programa...

14 UTEs que engloban a 78 empresas (só 8 da comarca) optan ao concurso de deseño da fachada marítima coruñesa

Un total de 14 UTEs, que engloban a 78 empresas do ámbito internacional e...

Unha clase de zumba en María Pita para deixar claras as demandas do persoal das Escolas Deportivas Municipais

Nova mobilización esta mañá de xoves 27 de novembro do persoal das Escolas Deportivas...

Outro xoves ás portas do Concello de Cambre

Suma e seguen os xoves que os traballadores do Concello de Cambre paran máquinas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here