InicioA CORUÑAO BNG pedirá no pleno ter en conta as queixas das persoas...

O BNG pedirá no pleno ter en conta as queixas das persoas usuarias do servizo de Bicicoruña

Publicada o

Por editor

Servizo exemplar o que ofrece Bicicoruña, que está a cambiar, verdadeiramente, a mobilidade da nosa cidade. Feito que se ve diariamente co uso que fan deste servizo os e as adolescentes da cidade, que medran vendo como a bicicleta é un medio de transporte tremendamente efectivo e útil, ademais de sostible.

Pero non todo é perfecto, e xa temos recollidos numerosas queixas, que piden por exemplo máis carrís bicis nas Avenidas da cidade, ou a repartición máis ecuánime entre barrios das aínda insuficientes  bicis eléctricas existentes.

Así, un ano e medio despois de se estrearen as novas estacións e as bicicletas eléctricas, dende o BNG invitan ao Goberno Local a facer unha avaliación do funcionamento de Bicicoruña, e levará unha pregunta ao pleno do vindeiro xoves 9N: “Que avaliación fai o Goberno Local do servizo de Bicicoruña?”.

Explícase a concelleira: “Chégannos queixas de persoas usuarias arredor de deficiencias de Bicicoruña. Hai problemas recorrentes nas horas punta -saídas e entradas dos traballos, por exemplo- con estacións baleiras e cónstanos tamén malestar porque con demasiada frecuencia se atopan bicis con rodas que non están nas mellores condicións, algo que se está a ver con clareza nestes días de chuvia”, refire Veira.

Dado que a previsión é que Bicicoruña vai “medrar aínda máis en número de estacións e de bicis eléctricas”, no marco da chamada “terceira expansión” do servizo,  cómpre “acompañar ese medre dunha necesaria reflexión sobre os aspectos a mellorar”, considera a concelleira nacionalista. “Estamos a falar dun servizo que é moi útil e que é clave para que se abra paso un novo paradigma de mobilidade na Coruña”, conclúe Veira.

Máis novas

O Goberno autoriza licitar por 18,2 millóns as obras de ampliación de Alfonso Molina

 

En marcha a terceira expansión de BiciCoruña

ÚLTIMAS

A UDC acolle unha das xornadas de AMEGA sobre o futuro dos medios de comunicación

Os medios de comunicación viven unha transformación profunda marcada pola intelixencia artificial, os novos...

Aberto o prazo para solicitar o Bono Taxi 2027 na Coruña, ata o 9 de novembro

O Concello da Coruña abriu o prazo para solicitar o Bono Taxi 2027, unha...

A exsubdelegada do Goberno na Coruña María Rivas postúlase para liderar a lista do PSOE na provincia

A exsubdelegada do Goberno na Coruña e actualmente directora do Plan Estratéxico da cidade...

O Concello da Coruña lanza unha campaña para animar aos mozos a falar de saúde mental sen prexuízos nin medo

O Concello da Coruña vén de lanzar unha campaña municipal para achegar a conversa...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here