Máis de 3.000 persoas participaron nas votacións dos Orzamentos Participativos 2023. Unha cifra que podería ser moito máis alta se houbese un compromiso de promocionar con máis ímpetu a medida que máis fomenta a participación cidadá na realidade da cidade.
Facemos un repaso das propostas escollidas.
Propostas de cidade
- A creación dunha zona de lecer para a mocidade (540 votos).
- A creación dun acceso peonil a Matogrande pola Avenida García Sabell (340 votos).
- A reforma e acondicionamento do ximnasio do CEIP Ramón da Sagra.
- A construción dunha pista de hóckey en liña.
- A recuperación e acondicionamento para o seu goce dun tramo do río Monelos.
Propostas por distritos
- Distrito 1. Creación dunha conexión ciclable entre os Cantóns e o Paseo Marítimo
- Distrito 2. Posta en marcha de espazos deportivos abertos para a mocidade.
- Distrito 3. Limpeza de matogueiras do parque infantil Catro Camiños.
- Distrito 4. Substitución parcial de eucaliptos do parque de Santa Margarida.
- Distrito 5. Peonalizar a Praza da Tolerancia.
- Distrito 6. Máis zonas verdes no tramo da Rolda de Outeiro, entre Mariñeiros e as Casas de Franco.
- Distrito 7. Crear unha zona verde e de esparexemento no polígono de Someso.
- Distrito 8. Instalación de paneis informativos nas paradas dos buses urbanos.
- Distrito 9. Colocación dunha fonte para lecer e goce dos veciños.
- Distrito 10. Asfaltado das rúas Abenela, Solva, Cances e As regas.
Participación
A cifra de persoas que participaron foi de 3.097, unhas 50 menos que o ano pasado, pero notablemente máis que nos anos anteriores (entre 1.500 e 2.300).
O distrito 7 (A Gaiteira, Elviña, Castrillón e Eirís) foi o máis con máis de 800 votos contabilizados. O distrito 9 (Riazor, Labañou, Agra do Orzán e Os Mariñeiros) tamén tivo unha participación alta, con 695 votos contabilizados.
Os que menos participación rexistraron na fase de votación son os distritos 6 (Eirís, As Xubias, A Pasaxe, O Castrillón e Monelos) e 8 (Ensanche, Cuatro Caminos, Os Castros e Santa Margarita).
Orzamento
Haberá que vixiar se o Concello efectivamente desenvolve nos vindeiros cursos todas estas obras co 2,5 millóns que tiñan reservados para elo.
ÁMBITO |
COD |
TÍTULO |
VOTOS |
IMPORTE |
Cidade |
4340 |
Zona lecer mozos |
540 |
250.000 |
Cidade |
4507 |
Acceso peonil por Avda. García Sabell a Matogrande |
340 |
200.000 |
Cidade |
4488 |
Reforma, acondicionamiento, salubridade ximnasio CEIP Ramón de la Sagra |
312 |
400.000 |
Cidade |
4695 |
Pista de Hockey linea adecuada |
304 |
80.000 |
Cidade |
4499 |
Na procura do río de Monelos |
253 |
50.000 |
Distrito 1 |
4363 |
Conexión ciclable entre los Cantones y el Paseo Marítimo |
118 |
150.000 |
Distrito 2 |
4732 |
Espazos deportivos coas portas abertas á mocidade |
123 |
150.000 |
Distrito 3 |
4389 |
Limpieza matorral parque infantil Cuatro Caminos |
86 |
150.000 |
Distrito 4 |
4555 |
Sustitución parcial de eucaliptos no parque de Santa Margarita |
73 |
150.000 |
Distrito 5 |
4471 |
Facer peatonal a rúa Praza da Tolerancia |
121 |
100.000 |
Distrito 6 |
4575 |
Reverdecer o tramo da Rolda de Outeiro entre Mariñeiros e Casas de Franco |
56 |
150.000 |
Distrito 7 |
4320 |
Área de esparcimento y zona verde Polígono de Someso |
304 |
150.000 |
Distrito 8 |
4299 |
Instalacións de panéis informativos electrónicos nas paradas dos buses urbanos |
104 |
150.000 |
Distrito 9 |
4339 |
Fuente de disfrute y ocio vecinos |
441 |
150.000 |
Distrito 10 |
4430 |
Asfaltado rúas de Abenela, Silva, Cances e As Regas (A Moura) |
102 |
100.000 |
2.380.000 |