InicioCULLEREDOAs familias do Conservatorio do Burgo volverán á rúa

As familias do Conservatorio do Burgo volverán á rúa

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Despois dun curso pasado cheo de mobilizacións, e tras comprobar e denunciar que a falta de profesorado segue vixente neste comezo de curso,  a ANPA O Burgo do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Culleredo volverá levar á rúa as súas mobilizacións este  venres 10 de novembro. Realizarán unha nova concentración ás 18:00 horas diante do Conservatorio para “reivindicar ensinanzas artísticas de calidade e a cobertura inmediata das prazas de profesorado nas especialidades de frauta e guitarra”.

Así o decidiron as familias na asemblea celebrada o pasado 3 de decembro, pois malia que nos últimos días incorporáronse 3 docentes para a especialidade de piano, está
pendente de incorporación o persoal docente nas especialidades de frauta e guitarra.

As familias seguen sen comprender “como é posible que logo da problemática do anterior curso escolar, o Concello de Culleredo publique a convocatoria para a creación de listaxes de substitución o 29 de maio e demore ata o 2 de outubro a finalización do proceso de selección”.
Consideran tamén “incomprensible que finalizado o dito proceso, se incorpore o persoal especialista de piano o 3 de novembro e estea pendente aínda a incorporación do persoal especialista de frauta e guitarra”.

Lembran ademais que o 18 de setembro solicitamos unha xuntanza á Concelleira de Educación, “pero seguimos sen recibir respostas”.

 

Novas relacionadas

As familias do Conservatorio do Burgo volven cargar contra o Concello de Culleredo pola “desatención” do centro

As familias do Burgo volven ás mobilizacións pola cobertura do profesorado de baixa do Conservatorio

ÚLTIMAS

Os 10 Samaweens que fan barrio na Coruña: Comezamos por Monte Alto

Ao longo da semana imos completar a axenda que se nos vén enriba esta...

O Samaín volve descubrir o Ollo de Vidro de Castelao polo Día de Defuntos

Por cuarto ano consecutivo, a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, a través da...

Feijóo volve a Galicia esta fin de semana para mitinear na Coruña

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, volverá a Galicia por segundo fin de...

A Asoc. Galega de Software Libre lanza un concurso para mellorar a xestión das instalacións deportivas municipais galegas

En moitos concellos galegos, especialmente nos máis pequenos, a reserva de instalacións deportivas aínda...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here