InicioDEPORTESA rapazada de Riazor leva en volandas ao Dépor Abanca ata o...

A rapazada de Riazor leva en volandas ao Dépor Abanca ata o liderato

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Xogaba o o Dépor Abanca no estadio de Riazor e foron as familias as que responderon. Faltaron os Riazor Blues e os tribuneros de sempre, pero o estadio xunto case 7.000 siareiros e siareiras, coa mocidade como principal protagonista.

Gran traballo das ANPAs da cidade e máis dos clubs de base, repartindo entradas, para que a rapazada vaia normalizando o que o común dos afeccionados maiores de 20 anos aínda non alcanzan a comprender.

Ambienta en Riazor co Depor Abanca
Bo ambiente en Riazor para ver o Depor Abanca

E puideron ver un fermoso espectáculo futbolístico, cun cadro branquiazul que se mantén no alto do liderato da 2ª DIvisión nacional tras vencer, con xustiza ás Gloriosas do Alavés. Fixeron gala do nome as vitorianas en canto a brega, pero as de Irene Ferreras (que recollía o premio ao comezo do partido como mellor adestradora do ano pasado na 1ª RFEF), foron mellores en todo momento.

O equipo herculino estivo dirixio por unha imperial Henar no medio campo (impresionante a despregadura da asturiana, tanto en defensa como sacando o balón con gran criterio). A meta ibicenca Yohama estivo perfectamente escoltada por unha parella de centrais serias e experimentadas como Inés Altamira e Raquel García Arrinca. E arriba, a calidade no regate de Ainhoa Marín (esta barcelonesa de 22 anos leva apuntando alto moito tempo) vese equilibrada pola potencia da brasileira Millene arriba.

Así chegou o primeiro gol, de feito, cunha internada de Ainhoa e un remate de Millene, xa no ecuador do segundo tempo. O primeiro fora de control local, aínda que se demasiada pegada, e algúns minutos nos que as alavesas se deixaban ver en área contraria.

Estirouse o Alavés co tanto deportivista, e aí apareceu Carlota Sánchez (unha das coruñesas do equipo xunto a Lía), para facer coas súas incursións, por momentos abusando demasiado do balón. E foi noutra contra pola dereita cando ADT(Ana de Teresa) marcaba o segundo de cabeza.

O partido estaba finiquitado pero un tanto de corner a 3 dos 90 fixo o desconto algo máis incómodo do esperado.

Remata o choque co equipo de líder, e superado o desafío de Riazor, tanto no campo, como nas bancadas.

Podedes ver aquí o partido completo:

ÚLTIMAS

Aspanaes inaugura na Coruña un novo centro de atención temperá e psicoeducativo para menores con autismo

Representantes de Aspanaes -- entidade de apoio a persoas con autismo e as súas...

Un coche acaba no tellado dun alpendre tras saír da vía e atravesar varias fincas

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras saírse da vía o turismo no que...

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here