InicioA CORUÑAAs bandeiras españolas invadiron o centro da Coruña na manifestación convocada polo...

As bandeiras españolas invadiron o centro da Coruña na manifestación convocada polo PP contra a Amnistía

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

As bandeiras e os lazos “rojigualdos” saíron á rúa esta mañá de domingo 12 de novembro. Respondeu parte do electorado á chamada do PP para manifestarse contra a Lei Amnistía impulsada polo PSOE e as negociacións con Junts per Catalunya, e foron entre 6.500 (segundo EP) e 10.000 (segundo o PP) as persoas que ateigaron os Xardíns de Méndez Núñez durante a mañá dominical.

Repetíronse cánticos como ‘España non se rende’, ‘Sos Europa’, ‘Nin amnistía nin perdón’, ‘Non á amnistía de golpistas e corruptos’ ou ‘Puigdemont a prisión’, ‘Non é un presidente, é un delincuente’, ‘Sánchez fóra, deshonras a túa bandeira’ ou ‘Non é un presidente, é un ditador’.

Nos medio dun ambiente tranquilo falaron, entre outros, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, o vicesecretario de Organización do PP, Miguel Tellado, ou o presidente dos populares coruñeses, Diego Calvo.

Xa contra o mediodía, cando as bandeiras, e os chalecos, se espallaban polas terrazas do centro, rexistrouse un incidente na Praza de San Agustín, cun par de mozos encapuchados detidos por golpear as uns mozos manifestantes.

Detidos en San Agustin

Como detalle, a bandeira española que lle colocaron na sede do PSOE coruñesa, a mesma que o pasado xoves só congregou un manifestante.
Como detalle, a bandeira española que lle colocaron na sede do PSOE coruñesa, a mesma que o pasado xoves só congregou un manifestante.

ÚLTIMAS

Centos de antifascistas calan a uns poucos simpatizantes de Vox na Coruña

Centos de persoas concentráronse este sábado na Praza de Lugo, na Coruña, en protesta...

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista...

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

Os vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Xa está en marcha a sétima edición do Cormorán Film Fest, que se celebrará...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here