InicioSUCESOSQuedan libres con cargos os tres arrestados por lesións na protesta contra...

Quedan libres con cargos os tres arrestados por lesións na protesta contra a amnistía

Publicada o

Por europapress

O tres detidos o domingo na Coruña por lesións a outras tres persoas na praza de San Nicolás quedaron libres con cargos, segundo informaron a Europa Press desde o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Segundo precisaron, o luns pasaron a disposición xudicial. A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 da Coruña, en funcións de garda, acordou a súa posta en liberdade. Teñen que comparecer semanalmente e están investigados por delitos de lesións e resistencia, precisaron desde o TSXG.

OS FEITOS

Axentes da Policía Nacional detiveron a tres persoas na Coruña por lesións a outros tres tras protesta contra a amnistía convocada na cidade herculina este domingo. Así o informaron fontes consultadas por Europa Press que explicaron que foron tres arrestados nun caso con tres vítimas e en relación a uns feitos que se produciron ao redor das dúas da tarde, ao termo da protesta e nunha zona próxima á sede do PSOE coruñés.

Detívoselles por desordes públicas, lesións, ameazas e desobediencia a axentes da autoridade, precisaron as fontes consultadas. Os feitos producíronse tras a protesta convocada polo PP para protestar contra os pactos do PSOE cos indepentistas para a investidura de Pedro Sánchez. As fontes policiais non precisaron a ideoloxía dos participantes nunha agresión que tivo lugar na praza de San Nicolás e unicamente dixeron que “ten que ver coa manifestación que viña realizando”, sen concretar se houbo detrás motivos ideolóxicos.

Máis novas

As bandeiras españolas invadiron o centro da Coruña na manifestación convocada polo PP contra a Amnistía

ÚLTIMAS

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

Inés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, sinalou que o líder do Partido...

Convocados paros parciais na cociña do Hospital Quirón da Coruña o martes e mércores “contra os recortes”

O sindicato Unión Xeral de Traballadores Servizos Públicos (UGT-SP) anunciou unha convocatoria de paros...