InicioMOV. SOCIAISA Deputación pon o foco do 25N nos contextos de lecer, na...

A Deputación pon o foco do 25N nos contextos de lecer, na festa e no ocio nocturno

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Presentou esta mañá a área de Igualdade da Deputación da Coruña, liderada pola deputada Soledad Agra, a nova campaña institucional do 25 de novembro. A entidade volver usar o lema “DE FRONTE á violencia de xénero”, desta volta para tratar de sensibilizar e concienciar á mocidade, afondando nas violencias machistas que acontecen diariamente en contextos de lecer, na festa e no ocio nocturno.

“As agresións sexuais en contextos de ocio nocturno estanse dando cada vez máis habitualmente e normalizando” apuntaba a deputada de igualdade. “É unha situación moi grave na que poñemos o foco, porque queremos que as nosas rapazas non teñan medo a sair, e poidan divertirse con tranquilidade e seguridade”, engadía.

A campaña, á que están adheridas 91 concellos, 82 entidades sociais e 35 centros de ensino, inclúe diferentes accións específicas en torno a este obxectivo, e outras máis xenéricas dirixidas á poboación xeral.

Así, ofrecen dende a web defronte.gal/actividades recursos como documentación, vídeos, e guías de actividades, entre outros, para traballar conceptos básicos sobre violencia de xénero con distintos colectivos, así como a posibilidade de descargar a imaxe gráfica da campaña en diferentes formatos.

Programación

  • Obradoiros. Levaranse a cabo un total de 14 obradoiros formulados en positivo, cunha duración mínima de 2 horas, onde cuestionar mensaxes e hábitos que alimentan as violencias sexuais en contextos de lecer e festa. Dirixidos a alumnado de IES da provincia, colectivos e asociacións xuvenís e persoas usuarias de centros de atención á diversidade, farase uso de ferramentas TIC para realizar unha pequena peza audiovisual en formato stop motion con legos. Estes obradoiros comezaron o 9 de novembro na asociaciación ÍNTEGRO de Cabana de Bergantiños e percorrerán Boiro, Cedeira, A Pobra do Caramiñal, Arzúa, Corcubión, Ribeira, A Coruña, Ordes, Outes, Muros, Santiago e Zas durante o mes de novembro.
  • Acto institucional. Na mañá do 24 de novembro terá lugar no hall do Pazo Provincial da Deputación un acto institucional que contará coa presenza do dúo Camaño&Ameixeiras, que lerán un texto propio e interpretarán dúas pezas en formato acústico. Ademais, haberá unha declaración institucional.
  • Acción nas rúas. Co obxectivo de visibilizar situacións reais de agresións sexuais, nas rúas de Santiago, Cee, A Coruña e Ferrol levarase a cabo a acción #RompeOSilencio, a través da que se recollerán testemuñas anónimas que anotarán nun papel as súas experiencias que queiran compartir e posteriormente depositarán nunha furna.
  • Pílulas dixitais a pé de rúa. Crearanse breves vídeos divulgativos coas testemuñas de situacións reais recollidas na acción #RompeOSilencio. Compartiranse na web e nas redes sociais.

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña presenta ampliación da súa denuncia pola queima de camións de recollida de lixo

O Concello da Coruña presentou a ampliación da súa denuncia pola queima de camións...

Un accidente entre dous coches en Cambre deixa retencións dun quilómetro

O 112-Galicia rexistrou na tarde deste venres un accidente de tráfico en Cambre, que...

Inés Rey apela ó aumento de investimento en bolsas comedor e nega que quede fóra xente “necesitada”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apelou ao aumento de investimento en bolsas comedor...

O reitor da UDC urxe financiamento para as universidades na apertura do curso académico

O reitor da Universidade dá Coruña (UDC), Ricardo Cao, demandou un incremento do financiamento...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here