InicioSOCIEDADEA Xunta convoca aos titulares de terreos afectados polas obras dos accesos...

A Xunta convoca aos titulares de terreos afectados polas obras dos accesos ao Chuac

Publicada o

Por europapress

Esta mañá tivo lugar o levantamento de actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras de accesos ao ‘Novo Chuac’, que afectan a 17 parcelas das cales tres son de titularidade municipal e 14 de propietarios particulares.

Con este acto dáse un paso máis para seguir avanzando nos trámites que permitirán iniciar as obras dos viarios, segundo informa o departamento autonómico.

No acto desta mañá recolléronse os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor dos mesmos e os prexuízos ocasionados pola ocupación dos seus terreos, onde se executarán as obras para construír os novos accesos ao complexo sanitario.

De maneira paralela á tramitación dos documentos precisos para a execución do proxecto, o Executivo galego avanza, explica, no tres primeiras actuacións: están en proceso de contratación as obras para a demolición do actual Hotel de Enfermos; a construción da nova Torre Polivalente e a execución da obra dos accesos.

 

Máis novas

O DOG publica a declaración de proxecto de interese autonómico a construción do novo CHUAC

ÚLTIMAS

O Festival Manicómicos arrincou as primeiras risas da finde

Arrincou este xoves a 25ª edición do Festival Manicómicos. Como o ano pasado, a...

Inés Rey reivindica a posta a disposición de vivendas públicas todos os demandantes

A alcadesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a posta a disposición do parque público...

Unha liorta cunha orella amputada en Culleredo acaba con tres persoas detidas

Garda Civil e Policía local do municipio coruñés de Culleredo, en colaboración coa Ertzaintza,...

As peñas demostran a fractura aberta no deportivismo

Está dividido o deportivismo. Así se demostrou este xoves na manifestación convocada pola Federación...