InicioSOCIEDADE"Todos somos vítimas potenciais cada vez que nos desprazamos"

“Todos somos vítimas potenciais cada vez que nos desprazamos”

Publicada o

Por editor

Este venres, celebrouse un acto solemme cunha lectura de manifesto e ofrenda floral con motivo do Día Mundial en Recordo das Vítimas da Violencia Viaria. A concelleira de Innovación, Infraestruturas e Mobilidade, Nereida Canosa reivindicou que cando falamos de cifras de tráfico, falamos de persoas. “Detrás de cada unha das vítimas de tráfico hai outras invisibles, as súas familias” explicou.

Canosa, acompañada da edil de Atención Cidadá e Seguridade, Montserrat Paz, agradeceu o traballo da asociación Stop Accidentes na concienciación e sensibilización da seguridade viaria. A edil deu paso a Jeanne Picard, presidenta de Stop Accidentes, que procedeu á lectura do manifesto nacional. Posteriormente, gardouse un minuto de silencio e fíxose unha ofrenda floral en memoria das vítimas de violencia viaria.

Acto realizado na estación de Autobuses da Coruña
Acto realizado na estación de Autobuses da Coruña

A subdelegada do goberno María Rivas expresou a importancia de celebrar homenaxes como esta, que brindan a oportunidade de rememorar e concienciar á sociedade sobre o perigo real nas estradas. “Non só en España senón en todo o mundo, cada ano 1,3 millóns de persoas falecen en todo o planeta como consecuencia dun sinistro viario, e máis de 50 millóns resultan feridas, moitas delas con secuelas permanentes” sinalou Rivas.

En concreto, os datos de Galicia do ano pasado suman 2.381 sinistros con vítimas, na que 90 persoas perderon a súa vida e 309 quedaron con secuelas graves ou moi graves. Na provincia da Coruña os datos reflicten un total de 964 sinistros con vítimas, con 43 persoas falecidas e  153 con secuelas graves ou moi graves no pasado ano.

Neste sentido, a subdelegada expresou que “por cada unha das vítimas, polas súas familias, polos seus amigos e amigas e seres queridos” o Goberno mantén o seu compromiso por “seguir traballando por avivar a conciencia pública sobre o impacto persoal e social que causa a violencia viaria” e por “conseguir un país sen mortes nas estradas”.

A Subdelegada do goberno María Rivas invitou á toda a sociedade a reflexionar e a empatiza coas vítimas e as súas familias xa que “todos somos vítimas potenciais cada vez, cada día, que facemos algo tan habitual como desprazarnos dun lugar a outro”.

Máis novas

María Pilar, a nai á que lle esixen pagar a limpeza do accidente que acabou coa vida do seu fillo: “Existe a violencia vial”

ÚLTIMAS

O BNG volve preguntar polo prometido hai 10 meses, concurso para designar a dirección da Fundación Luís Seoane

Xa pasaron case 10 meses dende que o Xornal da Couña destapaba o escandaloso...

Adxudicado o novo equipamento de radioloxía do CHUAC

A Consellería de Sanidade publicou no Portal de Contratos de Galicia a adxudicación, á...

Miguel Lorenzo derrogará a declaración de zona tensionada da Coruña se chega á alcaldía

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Coruña, Miguel Lorenzo, anunciou o seu...

Controlado un conato de incendio no lugar das Rañas en San Cistovo das Viñas

  Un conato de incendio declarado este xoves nas Rañas, na Coruña, deuse por controlado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here