InicioA CORUÑAAs luces de Nadal da Coruña acenderán o 1 decembro con máis...

As luces de Nadal da Coruña acenderán o 1 decembro con máis de tres millóns de luces de Nadal nos seus barrios

Publicada o

Por europapress

A Coruña contará este ano con máis de tres millóns de puntos de luz de Nadal, que se iluminarán a partir do próximo venres 1 de decembro, nun acto que terá lugar no Obelisco.

Haberá nos diferentes barrios e distritos 560 arcos luminosos e toda a iluminación será de baixo consumo, precisa o consistorio nun comunicado.

O acto, que terá lugar no Obelisco,estará presidido pola alcaldesa, Inés Rey, que destaca a importancia de que “o Nadal se viva coa mesma ilusión e intensidade nos diferentes barrios da cidade”.

As luces distribuiranse por diferentes rúas dos barrios e primarán os espazos comerciais abertos para fomentar as súas vendas. Ademais, A Coruña volverá contar coa gran esfera luminosa de 12 metros de altura da Mariña (xa está instalada) e coa árbore de 20 metros de altura do Obelisco.

O 1 de decembro o acto de aceso comezará ás 18,30 horas. Previamente, haberá animación infantil no Obelisco e, para finalizar, unha actuación de Sisters in the House. Ademais, o mesmo día comezarán tamén as actividades de Nadal da praza de María Pita, que inclúen este ano unha pista de xeo, aberta ata o 7 de xaneiro.

ÚLTIMAS

Piden entre catro e seis anos de cárcere para oito persoas acusadas de tráfico de drogas nun piso localizado en Novo Mesoiro

A Audiencia da Coruña xulgará o vindeiro martes, mércores e xoves a oito persoas que se dedicaban...

Trasladada ao Chuac unha muller de avanzada idade tras arder o microondas da súa cociña na rúa de Chile

Unha muller de avanzada idade tivo que ser trasladada ao Hospital Universitario da Coruña...

Olladas doutro tempo: Peixeiras no muro

Coruña existe polo seu porto. Éste inflúe ó longo da Historia sobre o desenrolo...

O Goberno corrixirá os topónimos deturpados da Coruña dun documento tras denuncialo o BNG

O Goberno central corrixirá os topónimos deturpados da Coruña (e Ourense) dun documento cun...