InicioCULTURAA historia do coruñés que levou o azucre a Málaga, nun libro

A historia do coruñés que levou o azucre a Málaga, nun libro

Publicada o

Por Águeda Cernadas

O escritor madrileño Ignacio Sainz de Medrano acaba de publicar, nos editorial Libros Indie, a novela “El Provenir”, que contará as andainas do coruñés don Ramón de la Sagra, o científico e político liberal galego que levou o azucre a Málaga.

Na ficticia localidade de Torre Pedrera (aínda que polo demais, a súa peripecia industrial sexa absolutamente histórica), don Ramón enfrontarase a un desafío colosal: crear unha moderna fábrica de azucre, cos medios técnicos máis avanzados, nunha comarca estancada no tempo.  O coruñés atoparase coa oposición das forzas máis tradicionais, opostas a todas as innovacións sociais que Da Sagra quere pór en marcha. Un compoñente de novela negra, con raíces no noso pasado máis escuro, complementa a trama.

“É unha novela coral e, en certo sentido, decimonónica“, comenta Ignacio, quen investigou durante moito tempo a vida do galego e a súa incursión no mundo do azucre, á que se lanzou tras unha longa estancia en Cuba. “Da Sagra é un personaxe dunha enerxía abafadora e dun saber enciclopédico; a pesar diso forma parte dos perdedores da Historia de España. Creo que el, e outros derrotados, merecíanse unha novela”, engade.

 

ÚLTIMAS

Un falecido e dous feridos nunha colisión entre dous coches en Oza-Cesuras

Unha persoa faleceu e outras dúas resultaron feridas nunha colisión no municipio coruñés de Oza-Cesuras,...

A muller asasinada na Sagrada Familia pola súa parella estaba no sistema VioGén

O home detido pola Policía Nacional da Coruña como presunto autor de matar a unha muller...

A Xunta ratifica a declaración da Torre de Hércules como asegunda zona ENIL da Coruña

O Consello da Xunta acaba de anunciar que a Torre de Hércules xa conta...

O voluntariado do Festival Mar de Mares téndelle a man ao mar

Rematou unha nova edición do Festival Mar de Mares e fíxoo co xesto máis...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here