InicioDEPORTESEscotet: "Abanca non descansará ata que o Dépor volte a Primeira"

Escotet: “Abanca non descansará ata que o Dépor volte a Primeira”

Publicada o

Por editor

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, informou de que a entidade financeira retomará en setembro as negociacións sobre a venda de Nuevva Pescanova, á vez que cualificou de “indispensables” os cambios realizados no Deportivo.

Respecto diso da primeira operación, que recoñece de “alta complexidade”, Escotet sinalou que a empresa “vai especialmente ben este ano” e iso permitiu ao banco “non ter ningún tipo de présa”. “É conveniente non facer as cousas con ningún tipo de prema. Aproveitamos o receso estival para tomarnos esta pausa e retomaranse as negociacións en setembro”, destacou.

A continuación, preguntado polo Deportivo e recentes cambios executados no club, subliñou que “eran indispensables” e “son claramente para mellor”. É un equipo “que ten polos seus antecedentes a obrigación de volver á categoría de elite e leva catro anos fóra do fútbol profesional”, constatou. “Iso hai que cambialo con toda celeridade“, chamou a atención.

Neste sentido, mandou á afección a mensaxe de que o compromiso de Abanca “é de longo prazo” e non descansará “ata que o equipo volva á primeira división”.

ÚLTIMAS

A Xunta ratifica a declaración da Torre de Hércules como asegunda zona ENIL da Coruña

O Consello da Xunta acaba de anunciar que a Torre de Hércules xa conta...

A muller asasinada na Sagrada Familia pola súa parella estaba no sistema VioGén

O home detido pola Policía Nacional da Coruña como presunto autor de matar a...

O voluntariado do Festival Mar de Mares téndelle a man ao mar

Rematou unha nova edición do Festival Mar de Mares e fíxoo co xesto máis...

Un curto pero vibrante domingo de Deporte na Rúa

Ademais da marea xerada nos últimos tempos coas carreiras populares, poucas actividades reúnen tantas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here