InicioARTEIXOEstabilizado o incendio de Arteixo, que afectou a 20 hectáreas

Estabilizado o incendio de Arteixo, que afectou a 20 hectáreas

Publicada o

Por europapress

O incendio que se rexistrou este mércores pola tarde na parroquia de Suevos, en Arteixo, mantense estabilizado, e cunhas vinte hectáreas de superficie afectada, segundo as estimacións da Xunta.

A estabilización do lume, que se iniciou ás 17,07, produciuse a última hora, sobre as doce e media da noite. No lugar, segundo informaron a Europa Press desde a Consellería do Medio Rural, permanecen medios de terra e, se fosen necesarios, incorporaríanse aéreos. “Que parece que non vai ser necesario”, apuntaron desde o departamento autonómico, que engadiron que hai que esperar a dar “un tempo razoable” para dar por controlado o incendio.

Pola súa banda, os Bombeiros de Arteixo estiveron a protexer as vivendas próximas ao lugar do incendio, en concreto desde as sete da tarde ata as 23,30 horas, na zona da travesía de Suevos, e logo na zona de Cabo Cociñadoiro, desde a unha e media ata o cinco e media da madrugada.

Trátase do segundo incendio que se produce na zona nos últimos días. E é que a parroquia de Suevos xa sufrira outro incendio forestal o pasado sábado, que queimou unha superficie reducida. Para o seu control, mobilizáronse dous técnicos de apoio, sete axentes, dez brigadas, nove motobombas, cinco helicópteros e dous avións. O vento dificultou os traballos dos efectivos durante os traballos.

ÚLTIMAS

Un equipo do CHUAC reverte por primeira vez en España unha cardiopatía fulminante nunha nena dun ano

Un equipo do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) conseguiu reverter unha cardiopatía fulminante nunha nena...

Condenado a dous anos de prisión por agresión sexual a un menor de 14 anos na Coruña

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a dous anos de prisión a un home por agresión...

A Cabalgata de Reis cambiará o seu percorrido inicial para evitar os lugares máis expostos ao vento

A Cabalgata de Reis da Coruña manterase o día 5, pero variará lixeiramente o...

Activada a alerta laranxa por temporal costeiro na Coruña

A Xunta activou desde esta madrugada a alerta laranxa por choivas no oeste da...