InicioSUCESOSNa procura dun comerciante de Narón desaparecido dende o domingo

Na procura dun comerciante de Narón desaparecido dende o domingo

Publicada o

Por europapress

Asociación Sosdesaparecidos activou á primeira hora da tarde deste xoves, 17 de novembro, unha alerta pola desaparición de Juan López Domínguez, coñecido como ‘Juancho’, cuxo paradoiro se descoñece dende o pasado domingo, día 13.

Segundo a devandita publicación o home desapareceu da súa casa situada en Cabo Prior, na parroquia ferrolá de Cobas, pero o buscado é moi coñecido en Narón, xa que leva anos rexentando un establecemento comercial situado na parroquia de Piñerios.

Ten 41 anos, mide entre 1,70 e 1,75 metros é de complexión delgada, ten pelo negro, ollos castaños e barba.

Ademais, tamén falta o seu vehículo, un Volkswagen Golf de cor azul claro. Os seus familiares interpuxeron unha denuncia na sede da comisaría de Policía Nacional de Ferrol-Narón e nos labores de procura tamén están a participar familiares e amigos.

ÚLTIMAS

O “evento cidadán” da Comisión Coruña Marítima búrlase do significado de participación cidadá

Celebrouse esta mañá de venres 9 de maio, ás 9:30h no Espazo Avenida de...

“Traballo para Inditex e non chego a fin de mes”

Novas concentracións as celebradas no mediodía de onte xoves ás portas de Inditex, no...

A Xunta de Persoal do CHUAC denuncia a “pasividade” institucional ante agresións a sanitarios

A xunta de persoal da área Sanitaria da Coruña-Cee presentou un escrito ante o...

A Coruña acolle a estrea dunha obra contra a trata de mulleres, contra a violecia machista e o racismo

O Teatro Colón acollerá o venres 23 de maio ás 20.00 horas a estrea...