InicioPOLÍTICAO alcalde de Sada advirte que a moción de censura de "tránsfugas"...

O alcalde de Sada advirte que a moción de censura de “tránsfugas” é un “golpe á democracia”

Publicada o

Por editor

O alcalde de Sada, Benito Portela, de Sadamaioría, cualificou de “golpe á democracia” a moción de censura asinada por nove concelleiros, sen o apoio dos seus partidos, e que se debaterá este venres.

Nun comunicado, cualifica de “tránsfugas” aos dous exediís de Alternativa dos Veciños, aos que a formación expulsou, como fixo tamén de maneira provisional, o PSOE cos seus dous concelleiros. No caso do PP, a formación abriu expediente disciplinario ao cinco edís.

Portela –cuxo partido, Sadamaioría, gobernou en coalición cos ata pouco edís de Alternativa e co BNG– afirma que o municipio “corre un gran risco de illamento institucional cun novo goberno de tránsfugas polo que a moción é contra Sada e eles sábeno”.

“Este golpe á democracia que tentan levar a cabo os tránsfugas chega nun momento determinante para o futuro do noso concello, con asuntos de gran relevancia que están a piques de resolverse”.

“Asuntos onde foi determinante a lealdade institucional e a colaboración entre diferentes administracións, como é o caso do maior investimento na historia recente de Sada, a mellora da depuradora, pendente unicamente de licitación pola Xunta ou como son outros proxectos en trámite, como a obtención de laparcela para ampliación do CEIP Sada e Contornos ou a do centro de saúde”, cita, entre outros exemplos.

Por outra banda, argumenta que os promotores da moción de censura queren “utilizar Sada para o seu propio beneficio político sen importarlles as consecuencias directas que terá no benestar da veciñanza”.

“Saben perfectamente as consecuencias e efectos legais que a normativa legal e a xurisprudencia establece no suposto de expulsión de concelleiras dos seus partidos e o correlativo pase a a condición de non adscritos”, sostén tamén. Ademais, avanza que “no caso de incumprimento” se exerzan “todas as accións legais oportunas, administrativas, e mesmo xudiciais, que procedan”.

ÚLTIMAS

“Traballo para Inditex e non chego a fin de mes”

Novas concentracións as celebradas no mediodía de onte xoves ás portas de Inditex, no...

Un sábado de Estudios Abertos para coñecer a arte que se crea na cidade

Este sábado, 10 de maio, poderás coñecer de primeira man os artistas coruñeses, os...

Un pleno máis tranquilo deu luz á situación de abandono do COF de Orillamar

Pleno máis tranquilo do habitual este xoves 8 de maio no Pazo de María...

Estes son os finalistas dos Premios Martín Códax da Música, os “grammy galegos”

Fixéronse públicos onte públicoss finalistas dos Premios Martín Códax da Música. As bodegas de...