InicioECONOMÍAGoberno e Concello prepararán xa o convenio para que a Axencia de...

Goberno e Concello prepararán xa o convenio para que a Axencia de Intelixencia Artificial se poña en marcha en 2023

Publicada o

Por europapress

A vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, asegurou que o Estado e o Concello da Coruña “vanse a pór a preparar inmediatamente” un convenio para traballar “todos os dellates” da futura sede da Axencia Estatal de Supervisión de Intelixencia Artificial (Aesia).

A ministra sinalou que esta “autoridade de nova creación” porase en marcha “o ano que vén, canto antes” cunha contribución inicial por parte do Goberno central de “cinco millóns de euros”.

Así o manifestou nunha rolda de prensa celebrada este venres tras visitar as inmediacións da futura sede no emblemático edificio da Terraza, acompañada polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; e a alcadesa da cidade herculina, Inés Rey, coa que mantivo unha reunión no Palacio Municipal.

Esta axencia “pon a España, a Galicia e á Coruña no mapa de Europa, pois será a primeira destas características dentro da Unión Europea”, recalcou Calviño, quen explicou que o Estado e o Concello “vanse a pór a preparar inmediatamente” un convenio para traballar “todos os dellates desta autoridade de nova creación”.

Segundo indicou a ministra, a decisión do Goberno de situar na Coruña a futura sede non foi “casual” senón que responde ao “potente ecosistema empresarial, tecnolóxico e universitario” que existe na cidade herculina e en Galicia.

Neste senso, o presidente da Deputación da Coruña e tamén secretario xeral do PSdeG, González Formoso, lamentou que o expresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, puxese en dúbida o procedemento de adxudicación. “Só cabe enmarcar as súas palabras na liña política de seguidismo permanente” da presidenta da comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, de “atacar claramente” a decisión do Goberno.

ENCONTRO CON SECTORES SOCIAIS E EMPRESARIAIS

Tras a rolda de prensa, Calviño mantivo un encontro cunha representación de empresas e sectores sociais, segundo subliñou a alcaldesa, “clave” na designación da cidade como sede da Aesia por ser “referentes a nivel internacional que aplican xa a Intelixencia Artificial nos seus desenvolvementos empresariais e que son un exemplo para o resto do país”.

A alcaldesa e a vicepresidenta tamén analizaron os diferentes proxectos postos en marcha polo Concello financiados cos 30 millóns de euros obtidos de fondos europeos. “Principalmente, foron destinados a transformación dixital, transición ecolóxica, cohesión territorial e igualdade”, puntualizou a rexedora.

Asimimo, Nadia Calviño tamén visitou este venres o CIFP Universidade Laboral xunto co conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez e a fábrica Inditex, en Arteixo.

ÚLTIMAS

O Ministerio sinala que a universidade privada que planea Cesuga ten o seu “informe desfavorable” e que decide a Xunta

O Ministerio de Educación sostén que a comisión delegada do Consello Xeral de Política Universitaria (CGPU) emitiu en...

O Corufest 2025 entrega o recoñecemento Samuel Luiz ao colectivo LGTBIQ+ Alas Coruña

O Corufest 2025, festival de artes escénicas pola diversidade afectivo sexual, entregou este venres...

Traballadoras das tendas de Inditex deron a “benvida” a Marta Ortega á tenda de Juan Florez

Coincidindo coa visita de Marta Ortega á conmemoración da apertura da primeira tenda de...

O “evento cidadán” da Comisión Coruña Marítima búrlase do significado de participación cidadá

Celebrouse esta mañá de venres 9 de maio, ás 9:30h no Espazo Avenida de...