InicioA CORUÑAMiñones recibe ao xefe da Comandancia da Garda Civil na Coruña que...

Miñones recibe ao xefe da Comandancia da Garda Civil na Coruña que pasa á reserva

Publicada o

Por europapress

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, recibiu este luns ao xefe da Comandancia da Garda Civil na Coruña, o coronel Francisco Javier Jambrina, con motivo do seu pase á reserva.

O delegado agradeceu ao coronel o “compromiso e todo o traballo realizado” nos seus máis de 35 anos de servizo e, en especial, a súa “entrega e compromiso” na loita contra a criminalidade desde que entrou a dirixir a comandancia da provincia da Coruña en 2015.

“O coronel Jambrina serviu á cidadanía da Coruña con honra, eficacia, e excelencia, agradecemos a súa gran contribución á seguridade da cidadanía”, valorou José Miñones.

Baixo o mando do coronel Jambrina, no últimos sete anos a Comandancia da Garda Civil da Coruña resolveu casos como o crime de Diana Quer e xestionou a participación da Garda Civil na crise sanitaria da covid-19, entre outras actuacións.

ÚLTIMAS

“Traballo para Inditex e non chego a fin de mes”

Novas concentracións as celebradas no mediodía de onte xoves ás portas de Inditex, no...

Un sábado de Estudios Abertos para coñecer a arte que se crea na cidade

Este sábado, 10 de maio, poderás coñecer de primeira man os artistas coruñeses, os...

Un pleno máis tranquilo deu luz á situación de abandono do COF de Orillamar

Pleno máis tranquilo do habitual este xoves 8 de maio no Pazo de María...

Estes son os finalistas dos Premios Martín Códax da Música, os “grammy galegos”

Fixéronse públicos onte públicoss finalistas dos Premios Martín Códax da Música. As bodegas de...