InicioSOCIEDADEDous falecidos de Covid no Hospital da Coruña nos últimos días

Dous falecidos de Covid no Hospital da Coruña nos últimos días

Publicada o

Por editor

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificou seis falecidos máis por coronavirus en Galicia nos últimos catro días, entre o 20 de xaneiro e o 23, entre eles dous no CHUAC. Con estes decesos, a Comunidade galega alcanza as 4.055 mortes vinculadas á pandemia do SARS-Cov-2. Mentres, o número de positivos rexistrado descendeu outro centenar de enfermos.

Segundo a información facilitada pola Consellería de Sanidade, o día 20 de xaneiro notificouse a morte dun home de 77 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Mentres, o 21 de xaneiro, faleceu unha muller de 99 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee. O 22 de xaneiro, morreu unha muller de 86 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco; e un home de 89 anos, na área sanitaria de Ferrol.

Finalmente, o Sergas notificou –con datos actualizados ata as 18,00 horas deste luns– o falecemento dun home de 92 anos na área sanitaria de Vigo e o doutro, de 54 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee. Todos os pacientes, segundo a Consellería de Sanidade, tiñan patoloxías previas.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A salsa de Marc Anthony conquista A Coruña nunha noite para a lembranza

Foron moitas as persoas que se agolparon dende ben cedo ás portas do Peirao...

O Seprona intercepta unha furgoneta con 429 quilos de lagostinos sen documentación

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil interceptou unha furgoneta procedente...

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here