InicioECONOMÍA"Estaban avisados", di a empresa que despediu aos homes que auxiliaron a...

“Estaban avisados”, di a empresa que despediu aos homes que auxiliaron a Samuel Luiz

Publicada o

Por editor

A empresa que contratou aos dous homes que auxiliaron a Samuel Luiz alega causas económicas e produtivas para o seu despedimento e, en particular, necesidade de empregados “máis cualificados”, segundo sinalou un portavoz da mesma a Europa Press. Faino tras a denuncia da CIG de que foron despedidos tras coller vacacións.

Así, apuntaron que o despedimento obedece á necesidade de “traballadores máis cualificados” e ao non ser estes dous homes, segundo expuxeron, “polivalentes”, dixeron en relación ao uso de distintas máquinas na empresa.

“Estaban avisados, non foi un caso de última hora“, manifestaron tamén rexeitando que non houbese un aviso previo ou que o motivo fose que collesen vacacións. Ademais, recalcaron que se lles pagou “o que lles correspondía”.  Tamén argumentaron que a empresa actuou de “boa fe” coa súa contratación e que se lles tentou axudar para conseguir outro traballo”, apostilaron.

ÚLTIMAS

As razóns dos traballadoras da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

Diana Varela presenta no Fórum a súa viaxe poética con “Serea e Ulises”

Despois da presentación realizada en maio na Agra do Orzán Diana Varela trae este...

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here